Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Rodríguez Davila dí que “gastouse máis do que se ingresou producíndose un desfase orzamentario”

“O Concello de Salceda é un dos 7 municipios da provincia de Pontevedra, e un dos 36 de Galicia, que pechou as súas contas en números vermellos” sinala Santiago Rodríguez Davila, presidente, concelleiro e candidato á Alcaldía polo PP de Salceda. “Uns datos que os medios de comunicación publican non só por que nós o digamos, senón porque son os que se extraen dos informes públicos”, subliña.

 

“O bipartito gastou o que non tiña inflando os orzamentos, os cales nunca se presentaron en tempo e forma. Durante a precampaña venderon obras que xa estaban executadas e fixeron outras a conta de reducir gastos de servizos básicos e ineludibles do municipio, mentres que o resto da lexislatura estiveron de brazos cruzados inflando os orzamentos creándose déficits nos ingresos e, consecuentemente, non podendo afrontar os diferentes gastos arrastrándoos ata o día de hoxe”, explica Rodríguez Davila. “A pesar da realidade, a previsión do bipartito sempre foi aumentar desmesuradamente os ingresos, de aí que logo non houbo remanente para facer fronte aos diferentes pagos, gastándose sempre máis do que se ingresaba”.

 

“Este desaxuste orzamentario provoca que a día de hoxe a débeda do Concello de Salceda de Caselas ascenda a máis de 4 millóns de euros, incumpríndose o obxectivo de estabilidade orzamentaria sobre pasando o teito de gasto” asegura.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.