O Porriño
Cuerda protagoniza o día grande do XII Festival de Cans
O cineasta ofrecerá mañá sábado pola mañá o Coloquio na Leira de Alicia e colocará a súa estrela no Torreiro das Estrelas
O Festival de Cans chega mañá sábado ao día grande deste edición "unha ducia" despois de tres días intensos, nos que grandes nomes do audiovisual do Estado como Daniel Guzmán, Luís Tosar ou Javier Gutiérrez compartiron conversa, diversión e agroglamour con profesionais galegos, xente nova, veciños e público xeral. Mañá sábado, será o director José Luis Cuerda quen protagonice dous dos momentos máis especiais do día grande do Festival: o coloquio na leira de Alicia e a colocación da súa estrela no Torreiro das Estrelas.
Outro dos momentos máis agardados esta edición é o concerto de Def con dos (Dos Tenores), á media noite, no Torreiro de Cans. Def con Dos trae a Cans o seu novo formato en directo Dos Tenores, no que Peón Kurtz, J. Al Andalus e César Strawberry recuperan o espírito dos seus comezos, cando trasladaron á súa realidade os sons máis hiphopeiros dos anos oitenta. Recuperan parte do mellor dos seus primeiros discos e engádenlle vangardistas mesturas feitas por compañeiros de batalla e seis novos temas, que farán vibrar un Torreiro que xa pola tarde se encherá para bailar os ritmos rockeiros e cantareiros de Sés, unha artista comprometida e libre, sentimental e enérxica que coñece ben o Festival e outro dos seus espazos paradigmáticos, o Cans Voulevar, onde actuou na décima edición. Mañá no Voulevar actuarán Blues do País, Adrián Costa e Quempallou.
Actividades de todo tipo e para todos os gustos
O día grande arrinca cedo, ás 10 da mañá, con tres actividades, para todos os públicos: no Parque do Río comezará a funcionar o espazo infantil, na Igrexa de Cans arrincará o CanSonoro capitaneado por Xurxo Souto e nos baixos e cubertos da aldea comezará a primeira sesión do pase matinal das curtas a concurso. As proxeccións continuarán ao longo de todo o día, tanto das pezas que participan na sección oficial como do material complementario que se proxectará nas dúas salas máis populares do festival: o Jalpón Fri e a Sala Multiusos, que se complementa coas actuacións no Jaliñeiro Unplugged. No primeiro presentará o líder de Def con Dos, César Strawberry, unha retrospectiva dos videoclips e o seu libro Margen de maniobra e proxectarase a creatividade galega máis fresca e desenfadada, nunha selección das webseries do momento, e máis o documental de Enrique Otero Funes, o inventor da lúa.
A Sala Multiusos e o Jaliñeiro Unplugged acollerán a presentación de Dos gaiteiros do Mar, de Xurxo Souto, e a actuación dos seus protagonistas, Manuel Sotelo Manoliño de Donón e Lito Pinténs, no que sen dúbida será un dos momentos máis emotivos desta edición. Despois, será Davide Salvado quen proxectará o seu novo videoclip, Lobos, e ofrecerá un adianto do seu novo disco. E finalmente o colectivo Poetarras ofrecerá unha retrospectiva e unha actuación no Jaliñeiro.
Primeiros gañadores
Onte coñecéronse os primeiros gañadores desta XII Festival de Cans. O xurado dos videoclips decidiu premiar o do tema “Magma y Trueno”, de Guerrera, dirixido por Adrián González e Rafael Pérez, por conseguir un equilibrio perfecto entre a proposta estética e a música e por crear un ambiente cativador ao mesmo tempo que transmite a inquietante expesura da música a través dunha proposta moi arriscada pero efectiva. O público, pola súa banda, elixiu "Floating", de Mequetrefe, dirixido por Xaime Miranda Méndez, en dura loita con "Sonhos de raiva", de Liska!, dirixido por Paulo Bouzas Fernández. O público tamén elixiu a obra gañadora da edición 2015 da Can Parade, que foi a ideada por Roi Domínguez.
MiniCans
Dentro da programación infantil, o MiniCans, o Baixo de Carlos acollerá ás 11h a proxección de A tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella e, ás 13h30, Muller Cine, un espectáculo que combina a música do piano de Suso Alonso coa recreación de personaxes de todos os tempos e proxectados sobre o enorme vestido utilizado a modo de pantalla de Blanca Cendán. Despois de xantar, ás 16h, abriranse as proxeccións na Caixa de Mistos, no Parque do Río, coa proxección do clip Rui e as Baleas, coa presenza do protagonista Rui Sío, do produtor Carlos Blanco e do director Carlos Lago (O Terser Home).
PROGRAMA DO SÁBADO 23
10h00 Comeza a funcionar o Parque do Río, o espazo infantil.
10h00 Desde a Igrexa de Cans, arranca o CanSonoro, guiado por Xurxo Souto co acompañamento musical de AcordeCans.
10h00 Primeira sesión do pase matinal das curtas a concurso. No Baixo de Bugarín e no Baixo de Moncho.*
11h00 A tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella. No Baixo de Carlos. Infantil.
11h30 Café para os asistentes ao coloquio, xentileza de Galicia Calidade. Na leira de Alicia.
12h00 Coloquio na leira con José Luis Cuerda. Na leira de Alicia.
13h00 Pasarrúas coa Banda de Música Xuvenil de Torroso (Mos) dende o Can de Pedra ata o Torreiro de Cans.
13h30 Segunda sesión do pase matinal de curtas a concurso. No Baixo de Bugarín e no Baixo de Moncho.*
13h30 Sesión Vermú coa Banda de Música Xuvenil de Torroso. No Torreiro
13h30 José Luis Cuerda coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas.
13h30 Muller Cine. Entrada: 3 euros. Baixo de Carlos. Infantil*
15h30 Procesión de chimpibuses, amenizada por Os Veraneantes.
16h00 Proxección de Rui e as Baleas. Coa presenza do protagonista Rui Sío, do produtor Carlos Blanco e do director Carlos Lago (O Terser Home). Na Caixa de Mistos do Parque do Río.
16h30 Proxeccións na Caixa de Mistos. No Parque do Río. Infantil
16h30 Primeira sesión do pase de tarde das curtas a concurso.*
16h30 Presentación de Dos gaiteiros do Mar, de Xurxo Souto. Na Sala Multiusos
16h30 Actuación de Blues do País. No Cans Voulevar
16h30 Proxección webseries. No Jalpón Fri
17h30 Actuación de Manuel Sotelo Manoliño de Donón e Lito Pinténs, protagonistas de Dos gaiteiros do mar. No Jaliñeiro Unplugged.
18h30 Presentación de Lobos, novo videoclip de Davide Salvado. Na Sala Multiusos.
18h00 Retrospectiva videoclips Def con Dos, coa presenza de César Strawberry que presentará o seu libro Margen de maniobra. No Jalpón Fri
18h30 Actuación de Adrián Costa. No Cans Voulevar.
19h00 Actuación de Davide Salvado. No Jaliñeiro Unplugged.
19h30 Concerto de Sés. No Torreiro de Cans.
20h30 Segunda sesión do pase de tarde das curtas a concurso.*
20h30 Funes, o inventor da lúa, documental de Enrique Otero. No Jalpón Fri
21h00 Proxección dunha Retrospectiva Poetarra. Na Sala Multiusos.
21h30 Actuación de Poetarras. No Jaliñeiro Unplugged.
22h00 Actuación de Quempallou. No Cans Voulevar.
23h30 Entrega de premios. No Torreiro de Cans.
00h30 Concerto de Def con dos (Dos Tenores). No Torreiro de Cans.
02h00 Disco chimpín: Autómatas Beat.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22