Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 23 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Rescatan en Marín a un home tras caer nunhas rochas na praia de Mingotes

Un home foi rescatado esta tarde tras caer nunhas rochas na praia de Mingotes, no concello pontevedrés de Marín. Os Bombeiros do Morrazo e os efectivos de Protección Civil de Marín encargáronse da evacuación por terra do ferido que, posteriormente, foi evacuado en ambulancia ao Hospital Montecelo. Segundo informaron os axentes da Policía Nacional, o varón lesionouse un nocello por mor da caída. Tras recibir a alerta dun particular ao fío das 17:30 horas de hoxe, o 112 Galicia informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron unha embarcación e o helicóptero Pesca I ante a posibilidade de que a evacuación só se puidese facer por mar. Finalmente, estes medios non chegaron a intervir no rescate, ao realizarse por terra. Ademais, o CAE 112 Galicia requiriu a presenza de Urxencias Médicas e das forzas da orde. Por outra banda, en Ribadeo, o persoal de Protección Civil rescatou a un home que quedara atrapado no lodo, no porto de Figueirua. Minutos antes das 16:00 horas desta tarde, un particular alertou ao 112 Galicia, que informou, ademais, á Policía Local.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.