Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 24 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
A Guarda

Rescatan a un peregrino que caeu nun terraplén na Guarda

[Img #18848]Un peregrino de nacionalidade alemá foi rescatado esta tarde polo helicóptero Pesca I tras precipitarse ca súa bicicleta por un terraplén na Guarda, na zona de Area Grande. Posteriormente, foi trasladado ao Aeroporto de Vigo, onde unha ambulancia con persoal médico agardaba para asistir ao ferido, que presentaba dores. Foi o propio implicado o que alertou ao CAE 112 Galicia ao fío das 14:45 horas da tarde de hoxe e indicou que caera nunha zona próxima ao mar, nas rochas, de onde non podía saír polos seus propios medios. O operativo de busca e rescate durou unhas dúas horas, xa que o peregrino non podía especificar a súa localización, un lugar de difícil acceso, ademais. En dito operativo participaron os efectivos do GES de A Guarda, os Bombeiros do Baixo Miño e os axentes da Garda Civil, ademais do Servizo Gardacostas de Galicia. Tamén foron informados polo persoal do 112 Galicia, Urxencias Médicas e Salvamento Marítimo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.