Salceda de Caselas
Arde un silo de serraduras a causa dun incendio no exterior dunha nave industrial en Salceda de Caselas
Os bombeiros de Baixo Miño extinguiron esta mañá un lume que se iniciou nun silo de serraduras dunha fábrica de madeiras situada no Polígono do Cerquido, en Salceda de Caselas. O lume quedou totalmente sufocado, segundo informaron os efectivos de extinción ao CAE 112 Galicia. O Persoal do 112 Galicia tivo constancia do suceso pasados uns minutos das 09:30 horas de hoxe grazas á chamada de varios particulares e do persoal da empresa afectada. Dende entón e ata case as 12:00 horas do mediodía, os bombeiros estiveron no lugar coas tarefas de extinción e de refrixeración. Por fortuna, ninguén resultou ferido. Dende o 112 Galicia ademais de alertar aos bombeiros, tamén se informou aos axentes da Garda Civil, ao persoal do Concello, e, ao servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208