Salvaterra de Miño
Festa da Sementeira en Salvaterra de Miño
Celebrase na parroquia de Corzáns o próximo domingo 31 de maio
A Asociación Quinta do Piñeiro ven de presentar, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, o cartel da IX edición da Festa da Sementeira, unha festa onde se pon en valor "a maneira tradicional de sementar dos nosos pais, nais, avós e avoas, intentando recuperar e por en valor algo tan tradicional como a forma de traballar o noso campo". Ás 11 da mañá entraran pola Quinta do Piñeiro os bois para realizar as actividades da labranza e sementeira, bois criados para esta ocasión por parte dun veciño da parroquia, o acto será animado polo grupo tradicional RONCO&FOL.
Ao longo do día, todos aqueles que nos queiran acompañar poderán desfrutar dunha feira artesanal, como novidade este ano farase un obradoiro de cesteiros, con nenos, haberá tamén de telleiros, alfareiros, rosquilleiros, etc.
Para os asistentes haberá unha carpa onde se servirá carne ao caldeiro, xamón asado, polbo e empanada.
Xa pola tarde seguirán as actividades coas II olimpíadas agrícolas e para rematar un concerto a cargo do grupo folk DONICELAS.
Ademais un ano máis celebrarase unha quedada cabalar, os interesados poden inscribirse a través no número 636 544 666 / 600 272 570.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213