Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 27 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Educación na práctica do consumo responsable

O taller ‘Non te consumas’ impartiuse nos centros educativos mosenses

[Img #18888]A concellería de Educación e Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón organizou e promoveu unha iniciativa de promoción do consumo responsable entre os escolares mosenses. Tátase do proxecto titulado ‘Non te consumas’, que serviu  como complemento á labor que o persoal docente desenvolve a través da educación en valores.

 

Impartíronse, durante o desenvolvemento do mesmo, contidos educativos valiosos, que responden a un proxecto válido de sociedade e de educación.

 

A este respecto a concelleira en funcións Kely Monzón declarou que “hoxe en día, a información chega ó alumnado a través de múltiples canais. A escola e a familia perderon influencia educativa na nena/o en favor doutros axentes informativos. A sociedade de consumo, ante esta información, xenera unha actitude cada vez máis pasiva. Esta pasividade tradúcese no que se ven a chamar cultura de usar e tirar, que a penas da pé a unha reflexión crítica sobre o que nos rodea. A nosa labor cas alumna/os pode axudar a romper con esa dinámica que lles leva a non pensar; precisamente potenciando esta capacidade favorecemos que teñan maior liberdade de elección. Algo moi útil na actual sociedade xa que, a nosa capacidade de elección está moi mediatizada, dun lado pola publicidade incesante e doutro, polos patróns establecidos ó servizo do consumo. Baixo o noso punto de vista, a forma de conseguir que as nosa/os alumna/os poidan elixir por si mesmos, é desenvolvendo o seu sentido crítico, e isto leva consigo unha aprendizaxe”.

 

A temática da sesión levada a cabo cos cativos ía orientada a facerlles comprender a inxustiza social e a que interioricen as causas do subdesenvolvemento. Que comprendan que o ritmo acelerado a través do cal vivimos non debe impedirnos pararnos a valorar as causas e as consecuencias do sistema que rexe o noso día a día, así coma a súa repercusión.

 

O fin desta iniciativa é que os nenos e nenas mosenses comprendan que a procura da felicidade baseada no artificial, produce unha insatisfacción permanente que tan só se sinte aliviada medianamente aspirando a máis bens innecesarios cómo único fin.

 

Outros obxectivos da mesma son sensibilizar ao alumnado e o profesorado sobre as consecuencias que ten o noso consumo a nivel social e medioambiental. Intentar mostrar as desigualdade e os desequilibrios que crea un modelo de consumo sen límites e sen prantexamentos éticos. Concienciar sobre a importancia que ten o papel do consumo na economía e no noso entorno, a nosa responsabilidade como consumidoras/es e a nosa capacidade  para indicir no mercado  e na sociedade. Ofrecer alternativas para un consumo más responsable, xusto, social e ecolóxico: o Comercio Xusto. E descubrir e analizar o poder da publicidade nos hábitos de consumo.

 

Os centros educativos mosenses nos que se desenvolveu esta actividade, consistente nun taller de hora e media de duración, foron  o Colexio de Atín, onde 29 alumnos de 5º e 6º de Primaria foron beneficiarios deste proxecto o pasado venres 22 de maio; e o Colexio Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, onde os destinatarios foron 11 estudiantes de 5º de Primaria onte, 25 de maio. En total participaron nesta iniciativa 40 nenos e nenas de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.