Salceda de Caselas
Verónica Tourón será a “clave” para formar goberno en Salceda de Caselas
A socialista Verónica Tourón mellora os resultados da súa formación duplicando o número de edís que pasarán a ser dous nesta lexislatura.
![[Img #18917]](upload/img/periodico/img_18917.jpg)
Con 2201 votos e 6 concelleiros o partido Movemento Salceda liderado polo actual alcalde, Marcos Besada, foi a formación política máis votada na localidade conseguindo o 43,78% dos votos.
Como segunda forza política na localidade ségueo o Partido Popular de Santiago Rodríguez con 1.795 votos (35,71%) que quedará con cinco edís, perdendo un.
Pola súa banda a Socialista Verónica Tourón conseguía os 722 votos (14,36%) co que logra duplicar o número de concelleiros, polo que contará con dous edís nesta lexislatura.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) obtén 252 votos que non lle alcanzan para ter representación municipal.
Desta forma o pasado 24-M acudían ás urnas un total de 5.136 persoas nunha xornada que transcorría con total normalidade e sen incidencias destacables. Houbo 109 votos nulos e 57 en branco.
Con estes resultados a candidata do PSdG-PSOE Verónica Tourón será a chave para a gobernabilidade do municipio, un goberno que se segue a liña da anterior lexislatura podería volver formarse en coalición con Marcos Besada, esta vez como candidato da nova formación Movemento Salceda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208