Ponteareas
As forzas de esquerda e nacionalistas inician o diálogo para gobernar en Ponteareas
O diálogo para conformar en Ponteareas un goberno alternativo ao Partido Popular deu comezo onte á noite cunha primeira reunión na que participaron representantes das forzas de esquerda e nacionalistas que obtiveron en conxunto once concelleiros nas eleccións do pasado domingo.
![[Img #18919]](upload/img/periodico/img_18919.jpg)
BNG, PSdG-PSOE, ARDT e EU-SON informaron nun comunicado conxunto que este primeiro encontro se desenvolveu nun ambiente de “gran cordialidade”. Todas as forzas políticas coincidiron en cualificar de “histórico” o resultado obtido nas eleccións municipais e salientaron a “enorme responsabilidade” que supón o reto de conformar un novo goberno para os vindeiros catro anos.
Os representantes das catro formacións coinciden na interpretación dos resultados ao salientar que “o mandato dos e das ponteareás foi claro e contundente: poñer fin ás políticas da dereita e ao goberno do Partido Popular e acadar un acordo entre forzas nacionalistas e de esquerdas para que Ponteareas conte cun novo goberno competente, transparente, participativo e con ideas e proxectos que melloren a calidade de vida da xente e dean resposta aos seus principais problemas.”
BNG, PSdG-PSOE, ARDT e EU-SON, aseguran que “consultarán a decisión coas súas bases” e “iniciarán de inmediato os traballos de redacción dun programa de goberno consensuado e amosáronse optimistas pois en liñas xerais son moitas as propostas e proxectos programáticos que nos unen para mudar Ponteareas”. As catro forzas políticas sinalaron que “somos conscentes das esperanzas que miles de persoas teñen depositadas en nós e non as defraudaremos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208