Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 01 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

A Xunta transfírelle a Tomiño a titularidade de dúas parcelas próximas á estrada PO-553

Trátase de dous terreos que suman máis de 11.000 m2 e que foron expropiados para a construción da Ponte Internacional en Goián-Vilanova da Cerveira

[Img #18921]O Consello da Xunta de Galicia autorizou o pasado 28 de maio o cambio de titularidade de dúas parcelas lindeiras coa estrada PO-533 (Goián- Ponte Goián (fronteira de Portugal)) na parroquia de Goián, a prol do Concello de Tomiño. Trátase de dúas parcelas, que suman unha superficie de 11.305 m2 e foron expropiadas para a construción da ponte internacional en Goián (Tomiño)-Vilanova da Cerveira (Portugal).

 

Con este acordo dáselle resposta á solicitude trasladada polo Concello de Tomiño, que lle pedía á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade de dúas parcelas situadas nas inmediacións do río Miño, na zona de dominio público da estrada PO-553 (Goián–Ponte Goián), co obxecto de realizar nelas unha rexeneración ambiental e paisaxística para que sexan utilizadas como espazo de lecer e destinar os ditos bens a fins de interese social.

 

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, así como de elementos funcionais e espazos da zona de dominio público adxacente, como é o caso destas parcelas, deberán ser aprobados por decreto da Xunta, por proposta da consellería competente en estradas.

 

A entrega deste treito de estrada deberá formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no DOG, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

 

Corresponderanlle ao Concello de Tomiño, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos terreos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.