Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 30 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os interesados en facer fogueiras de San Xoan e/ou San Pedro en Mos poden solicitalo ata o 16 de xuño

A autorización pertinente debe pedirse no Rexistro Xeral do Concello

[Img #18922]A concellería de Medio Ambiente, que dirixe a edil en función Julia Loureiro, informa de que quen teña intención de realizar unha fogueira a noite de San Xoan e/ou San Pedro xa pode solicitar autorización no Rexistro Xeral do Concello ou no departamento municipal de Medio Ambiente, e ten de prazo para facelo ata o 16 de xuño, ese día inclusive, especificando nome, enderezo, teléfono e D.N.I. dos/das responsables, seguro de responsabilidade civil cunha cobertura por importe de 150.000 euros e un plano de situación coa indicación do lugar no que se vai realizar o lume, que se deberá solicitar na oficina municipal de Urbanismo.

 

Dende o Concello advirten que os elementos da fogueira deberán estar colocados con dous días naturais de antelación á súa queima, para que, o Servizo de Emerxencias e Protección Civil do Concello poida levar a cabo a revisión e control desta. O volume de material combustible non poderá siperar os 8 metros de diámetro nin os 3 metros de altura.

 

Tamén indican que a separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros. Ademais porase especial coidado de non situalas preto dunha zona forestal, nin baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e ter conta de que nos arredores non haxan produtos inflamables.

 

Doutra banda explican que está expresamente prohibida a queima de pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e calesquera substancias explosivas, etc. Tamén se prohibe facer fogueiras preto de elementos que constitúen o patrimonio histórico, ós efectos de evitar calquera tipo de dano.

 

No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso públicos lousados, asfaltados ou pintados, os/as organizadores/as, encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 cm. en toda a superficie da fogueira.

 

Ao finalizar a fogueira, e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas, e procederán á limpeza inmediata do espazo autorizado.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.