Mos
23 maiores mosenses participaron na actividade “Visita o teu súper”
A iniciativa pretende concienciar da importancia dunha alimentación sá para un envellecemento activo
O pasado venres realizouse a actividade para maiores “Visita o teu súper” en horario de 12.00 horas a 13.30 horas no supermercado Eroski da Avenida de Sanguiñeda, contando coa participación de 23 veciños e veciñas de Mos.
Os destinatarios/as desta iniciativa eran todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos.
çEsta visita foi organizada dada a importancia dunha alimentación a todas as idades, pero especialmente entre os maiores, posto que a nutrición está implicada no proceso de envellecemento. Os factores dietéticos inflúen na aparición de enfermidades, no estado de ánimo, na actitude diaria, no dinamismo, e o descanso.
Desde a concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón, e dando continuidade ó Programa Pro Hábitos Saudables, viron necesario por en marcha esta sesión para falar sobre os hábitos alimenticios máis adecuados na etapa da vellez. Esta actuación ten a intención de ofrecer consellos ás persoas da terceira idade que lles permitirán gozar dunha boa saúde. Así pois, ir á compra ou cociñar son hábitos que reportan beneficios propios dunha dieta saudable e que servirá para exercitar a mente.
A próxima sesión desta iniciativa celebrarase o vindeiro venres, día 5 de xuño; e os maiores mosenses interesados en participar na visita aínda poden inscribirse.
Esta actividade está dividida en dúas fases. A primeira, consiste nunha charla breve de 30 minutos onde se informa aos participantes dos servizos que ofrece a cadea de supermercados Eroski. Ademais, repásanse conceptos básicos sobre alimentación e hábitos saudables, e preséntase a liña de produtos Sania. Na segunda fase faise un percorrido polo supermercado, pasando polas principais seccións. Todos os participantes reciben como mostra de agradecemento un lote de produtos de marca Sania.
As persoas interesadas en participar nesta actividade aínda están a tempo de inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es e realizar a visita ó Eroski de Sanguiñeda o vindeiro venres.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101