Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 02 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

A Festa da Sementeira volve a por en valor o traballo no campo

Celebrouse na parroquia de Corzáns o pasado domingo 31 de maio

[Img #18940]

A Asociación Quinta do Piñeiro  celebrou o pasado domingo, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño,  a IX edición da Festa da Sementeira, unha festa onde se pon en valor "a maneira tradicional de sementar dos nosos pais, nais, avós e avoas, intentando recuperar e por en valor algo tan tradicional como a forma de traballar o noso campo".

 

Deste xeito ás 11 da mañá entraban pola Quinta do Piñeiro os bois para realizar as actividades da labranza e sementeira, bois criados para esta ocasión por parte dun veciño da parroquia, o acto foi animado polo grupo tradicional RONCO&FOL.

 

Ao longo do día, celebrouse unha feira artesanal, como novidade este ano fíxose un obradoiro de cesteiros, con nenos, houbo tamén de telleiros, alfareiros, rosquilleiros, etc.

 

Para os asistentes houbo unha carpa onde degustaron o pratos tradicionais a base de carne ao caldeiro, xamón asado, polbo e empanada.

 

 Xa pola tarde seguían as actividades coas II olimpíadas agrícolas  e para rematar oubo un concerto a cargo do grupo folk DONICELAS.

 

Unha xornada na que moitos volveron a recordar vellos tempos e todos valoraron o traballo tradicional do campo galego que tivo coma protagonista o medio rural.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.