O Porriño
II Andaina Saudable da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián
A Xunta directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, presidida por Carmen Rodríguez Domínguez, informou da celebración da II Andaina Saudable organizada pola AAVV, que nesta ocasión discurrirá no tramo San Sebastián - A Risca, cunha distancia de 15km, para descubrir zonas non coñecidas do monte da Risca, e que se celebrará o vindeiro domingo día 14 de Xuño. Dende a AAVV, animan a participar a todos os veciños e veciñas do Porriño que queiran apuntarse. A directiva deste colectivo aposta, deste xeito, por promover “a realización destas andainas como un hábito moi beneficioso para unha vida saudable”.
Como novidade, este ano, as persoas que o desexen, ao remate do roteiro, poderán participar nun Xogo de Orientación polo monte.
O roteiro discurrirá por San Sebastián- Paseo do Louro- Sanguiñeda- As Angustias- Finca de Cobas – A Graña – Carracido – A Risca. A metade do camiño realizaráse o avituallamento, que consistirá nun bocadillo, unha bebida e un postre.
Os interesados en participar poden inscribirse no teléfono 630358515 (de luns a venres) ou a través do e-mail aavv.sbenito.sebastian@gmail.com. O custe de participación é de 7 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101