Baiona
Jesús Vázquez Almuiña repetirá mandato en Baiona
O PP conseguía o 52,82% do total dos votos, obtendo a maioría absoluta na localidade do Val miñor
![[Img #18972]](upload/img/periodico/img_18972.jpg)
O Partido Popular foi a forza máis votada en Baiona, alcanzando 9 concelleiros grazas aos 3.197 votos obtidos, un 52,82% do total. Os populares manteñen o goberno malia perder un concelleiro con respecto ás eleccións de 2011 nas que conseguían dez edís.
O actual alcalde Jesús Vázquez Almuiña consegue, desta forma, ser o único alcalde do Val Miñor que revalida a forza política suficiente para gobernar durante os próximos catro anos. En fronte estará a oposición integrada por catro concelleiros do PSdG-PSOE, que obtivo 1.329 votos; o BNG, que estará representado por dous concelleiros (685 votos) e EUSON con outros dous edís (680 votos).
A xornada electoral do pasado 24-M transcorreu con normalidade e sen que houbese que destacar incidentes de relevancia. En total exerceron o seu dereito ao voto 6.227 persoas, a abstención foi do 38,01%.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208