Gondomar
O PSdG-PSOE e PP de Gondomar empatan en concelleiros
As formacións MM, IXG e CABE será claves para formar goberno
![[Img #18974]](upload/img/periodico/img_18974.jpg)
Con catro edís cada un o PSdG-PSOE e PP de Gondomar empatan en número de concelleiros, ambos os dous con catro. O socialista Paco Ferreira consegue 1.955 votos, cos que duplica os edís con respecto ás eleccións de 2011. O PSdG-PSOE quedaba a tan so 29 votos do quinto edil.
O popular Fernando Guitián perde tres edís obtendo 1.669 votos, o que o sitúa como segunda forza política na localidade do Val Miñor.
Pola súa banda Antonio Araújo logra tres edís (1.368 votos) coa súa formación Manifesto Miñor (MM).
Iniciativa por Gondomar (IxG) co seu candidato Manuel Gómez incrementa a súa representación con 1.268 votos e tres concelleiros. Pola súa banda os partidos ACGO e BNG non obtiveron resultados para conseguir representación municipal.
A formación Gondomar Concello Aberto, con Josué Villar á cabeza, logra 1.190 votos e outros tres edís.
Xornada electoral tranquila e sen incidencias na que exerceron o seu dereito ao voto 8.843 votantes que elixían os 17 membros da próxima corporación municipal. Houbo un 30,01% de abstención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121