Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 05 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Continúa o plan integral de mellora de viais en Mos

Os traballos de reposición do firme exténdense por varias parroquias mosenses e, ademais de camiños de estradas, inclúen un aparcadoiro e un torreiro

[Img #18991]O Concello de Mos continúa co seu labor de mellora de viais e espazos mediante reposición de firme en diversas parroquias.

 

Na parroquia de Louredo asfaltouse o torreiro de festas e os camiños de Presal, Asebal, Trigos, Sete Camiños e Cachada que suman unha lonxitude aproximada de kilómetro e medio.

 

Actualmente máquinas e operarios de reposición de firme atópanse traballando no aparcadoiro do Pavillón de Castro-Mos e, unha vez rematados aquí os labores de asfaltado, dirixiranse ó aparcadoiro da Igrexa de Guizán para iniciar a correspondente obra.

 

Os traballos no aparcadoiro do Pavillón de Castro-Mos foron visitados esta mañá polos concelleiros en funcións de Vías e Obras, Alberto Méndez, e Alumeado, Luis Alonso; puidendo comprobar de primeira man que os labores marchan a bo ritmo e se atopan xa moi avanzados.

 

Todas estas obras están a ser acometidas con maquinaria e operarios da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

Plan Provincial de Obras e Servizos

 

Ademais dos traballos anteriormente mencionados tamén se están a realizar en Mos por parte da Deputación de Pontevedra outras obras de asfaltado incluídas no PPOS 2015, Plan Provincial de Obras e Servizos.

 

Trátase da segunda fase de mellora da seguridade viaria na estrada Generoso Domínguez en Cela, que xa se atopa rematada, do tamén finalizado xa Camiño das Presas na parroquia de Petelos; e o Camiño de Serradauga en Santa Ana de Veigadaña, no que se procederá próximamente á reposición do firme.

 

O edil Alberto Méndez estima que todos os traballos atoparanse rematados ó longo da vindeira semana. O Concello de Mos mellorou uns 120 viais durante a última lexislatura.

 

Generoso Domíguez

 

A segunda fase de mellora dun novo tramo da estrada Generoso Domínguez, xa finalizada, viu dar continuidade ó primeiro proxecto de rehabilitación do firme deste vial. Esta estrada constitúe un dos principais viais municipais que rexistra un dos maiores índices de tránsito rodado. É unha infraestructura de vital relevancia para as comunicacións viarias dos veciños de Cela en particular e de Mos en xeral.

 

Os traballos a realizar consistiron na rehabilitación superficial do firme dun tramo duns 1.340 metros de lonxitude do vial municipal Generoso Domínguez, que incluiu o recrecido do pavimento con 5 centímetros de mezcla bituminosa en quente, limpeza e desbroce de marxes e levantado de tapas.

 

A Estrada Generoso Domínguez pasa polas parroquias de Tameiga e Cela, e o novo tramo que se optimizou atópase ubicado na parroquia de Cela, concretamente no Barrio do Coto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.