Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 05 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Unha persoa foi rescatada do interior dun vehículo sinistrado en Sanxenxo

Os membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo liberaron esta madrugada ao condutor dun turismo que quedou atrapado tras sufrir un accidente na PO-504, preto de Vilalonga, en Sanxenxo. O persoal do CAE 112 Galicia puxo en marcha un operativo de rescate unha vez recibida a chamada dun particular minutos antes da unha desta madrugada. Ademais dos efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo, se desprazaron ata o lugar do sinistro os Bombeiros do Salnés, a Policía Local, a Garda Civil e o persoal de limpeza e mantemento da Consellería do Territorio, que eliminou os restos do accidente e restableceu a seguridade na vía. Por outra banda, na provincia de Ourense, no Barco de Valdeorras, outro turismo chocou contra outros que estaban estacionados na Rúa Marcelo Suárez. Por fortuna, só se rexistraron danos materiais. O CAE 112 Galicia tivo coñecemento do suceso grazas a chamada dun particular ás 00:10 horas de hoxe.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.