ENTREVISTA Á ALCALDESA DE MOS CON MOTIVO DAS FESTAS DA ROSA 2015
“A Festa da Rosa é unha celebración emblemática que define e representa a Mos como pobo”
Nesta entrevista concedida a Xornal 21 Nidia Arévalo, alcaldesa mosense, fai balance da pasada lexislatura e dos resultados obtidos nos últimos comicios municipais, e explica a súa folla de ruta como rexedora local para os vindeiros catro anos; pero, sobre todo, fala da importancia da Festa da Rosa para o Concello de Mos
![[Img #19010]](upload/img/periodico/img_19010.jpg)
Sra. Alcaldesa, é obrigado comezar esta entrevista pedíndolle un balance sobre os recentes comicios municipais nos que vostede resultou reelexida.
É evidente que a nivel xeral produciuse un cambio xeralizado de tendencia política, por iso considero os resultados en Mos dobremente positivos. Revalidamos a Alcaldía grazas a catro anos previos de intenso traballo que terán agora continuidade durante catro anos máis. Considero que os veciños e veciñas mosenses son moi intelixentes e souberon elixir a mellor, a única diría eu, opción de futuro para o seu Concello.
Coincidencias do destino, este ano o Día da Rosa, 13 de xuño, celébrase o Pleno de Constitución da nova Corporación Municipal mosense, trasladándose os actos oficiais da Festa da Rosa ao 14 de xuño. Coinciden pois dúas datas de gran relevancia e emotividade, vivirá vostede este feito dun xeito especial?
Por suposto, xa que considero que son dous dos momentos moi importantes e a súa coincidencia no tempo fai, se cabe, estes actos máis emotivos.
Que ten de particular cada un destes actos?
Por unha banda na sesión plenaria de toma de posesión materialízase o apoio da veciñanza e a súa decisión de elixirte como a súa representante, polo que se trata dun intre enormemente emocionante e solemne, tanto para o rexedor local coma para o resto de corporativos municipais.
E por outro lado a da Rosa é a festa grande de Mos por antonomasia, unha celebración emblemática que nos define e representa como pobo. Por iso me sinto contenta, orgullosa e emocionada de que ambos os dous actos coincidan.
Comeza pois unha nova lexislatura e é momento de facer balance da anterior, cales considera os principais logros do seu equipo de goberno durante os últimos catro anos?
En primeiro lugar reconducir a economía municipal conseguindo que o de Mos volva ser un Concello con superávit, ademais agora podemos ter o orgullo de que as empresas volvan querer traballar connosco.
Tamén logramos reducir sensiblemente a taxa de desemprego de Mos a través de políticas proactivas de formación e emprego mediante as que prestamos atención e asesoramento a unhas 13.000 persoas e investimos preto de 5 millóns de euros.
En materia de infraestruturas a pasada lexislatura tamén foi de importancia vital para o Concello de Mos.
Si, rematamos o Plan Xeral de Ordenación Municipal que pronto será aprobado definitivamente e logramos a revogación por parte do Ministerio de Fomento do trazado da nova autovía Vigo-Porriño que tanto prexudicaría á nosa localidade.
En materia de saneamento e abastecemento investíronse 5 millóns de euros para lograr duplicar a rede de saneamento municipal e dar servizo a máis de 1.800 vivendas e industrias. E no apartado de vías e obras, optimizáronse máis de 120 vías con reposición da capa de rodadura e mellora da seguridade viaria.
Ademais o equipo de goberno local rematou a lexislatura con boas noticias en materia de Benestar Social e Transporte.
Conseguimos unha terceira Escola Infantil para Mos que se situará na Veigadaña, a escrituración e inscrición a nome dos veciños dos terreos de San Rafael en Pereiras, e a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano a pesar do Concello de Vigo.
Unha conclusión para este amplo balance dos últimos catro anos?
En resumo, e para concluír, xestionamos un total de 10 millóns de euros que foron investidos en Mos por outras administracións. Creo que esta cifra fala por si soa.
E cal é a súa folla de ruta para os vindeiros catros anos da nova lexislatura?
Pois consistirá nunha xestión pensada por e para as persoas, baseada en catro liñas fundamentais: Benestar Social, Emprego, Transporte e espazos verdes, de ocio e de cultura. Desenvolveremos o PXOM xa rematado e un Plan de Transporte Municipal sustentado no Transporte Metropolitano. Todo isto do xeito máis eficaz e coa maior eficiencia de recursos. Faremos un traballo realista e moi próximo ás necesidades diarias dos veciños e veciñas mosenses.
Volvendo á Festa da Rosa 2015, parece que se afianza de novo a exaltación da empanada de pan de millo retomada o ano pasado.
Si, este ano realizaremos tamén, ao igual que se fixo o ano pasado, a exaltación da empanada de pan de millo o propio día de celebración dos actos oficiais da Rosa, que na presente edición será o domingo 14 de xuño. Grazas á colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, retomamos a tradicional Festa da Empanada de Mos, que fora interrompida durante algúns anos.
Neste sentido, gustaríame animar a todos os amantes da cociña en xeral e da empanada en particular, a participar no concurso de empanadas de pan de millo, que terá lugar o día 14, presentando as súas creacións culinarias a partir das 09.00 horas da mañá.
Mantense tamén o concurso de ramos de rosas?
Por suposto, a rosa é o noso emblema. O símbolo central do noso escudo e signo de identidade do Concello de Mos e dos seus habitantes, por iso a Festa da Rosa non podería existir sen o concurso de ramos de rosas.
Cre que será elevada a participación neste concurso?
Gustaríame animar a todos os e as mosenses a que continúen a participar neste concurso tan representativo e emblemático do noso Concello que é, sen dúbida ningunha, a xoia da programación da Festa da Rosa.
Oxalá que este ano sexa todo un éxito de participación para que a rosa de Mos sexa a verdadeira protagonista da festa que leva o seu nome.
Xa para rematar cóntenos, como espera vivir a título persoal a Festa da Rosa 2015?
Pois ademais de rodeada dos meus queridos conveciños, na compaña dos meus familiares e amigos. Coa mesma emoción e nerviosismo de sempre pola responsabilidade que implica e pola incerteza de se o traballo que fixemos con tanto cariño será do agrado de todos os mosenses.
A da Rosa é sen dúbida a festa máis importante do Concello de Mos e é para min un orgullo poder vivila como alcaldesa do municipio por sétimo ano consecutivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22