Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 05 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Os traballadores de recollida do lixo de Ponteareas desconvocan a folga

Empresa e traballadores acordaron unha lixeira suba salarial que será completamente asumida por FCC, S.A.

Os traballadores da empresa concesionaria de residuos urbanos no Concello de Ponteareas, FCC S.A., veñen de desconvocar a folga iniciada o pasado día luns, 1 de xuño, despois de que a propia empresa e varios representantes dos traballadores chegaran a un acordo nun encontro mantido a pasada madrugada.

 

Este acordo implica unha lixeira suba salarial para os traballadores nos meses que restan deste ano 2015. Esta suba será completamente asumida pola empresa, tal e como viña reclamando o goberno local e tal e como está establecido no contrato de prestación de servizo público en “xestión indirecta”, no que se especifica que é a empresa concesionaria a encargada de realizar con total independencia a xestión do persoal e, polo tanto, a encargada de resolver as diferenzas salariais que poidan existir cos traballadores.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.