Provincia
Cervexa con chile, mel con abelás ou o pack merenda galega, entre as innovacións de Salimat
Este certame celebrarase do 11 ao 14 de xuño, de forma paralela á feira ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA
![[Img #19013]](upload/img/periodico/img_19013.jpg)
O 19º Salón de Alimentación do Atlántico, SALIMAT ABANCA 2015, o cal se celebrará de forma paralela á feira ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA do 11 ao 14 de xuño, contará na súa área Alinova con 40 anovadores produtos alimentarios.
Esta zona diferenciada e dedicada ás innovacións alimentarias, que se poderá ver durante todos os días do salón, suporá un importante escaparate para os expositores, xa que lles permitirá destacar as súas novidades tanto ante os profesionais do sector como ante o consumidor final.
Serán unha vintena de empresas as que amosarán nesta área produtos exclusivos producidos nas súas instalacións, algúns dos cales serán presentados por primeira vez ao mercado en SALIMAT ABANCA 2015. Estas serán as firmas Cevexa Áncora, Val do Traba, Viñedos y Bodegas Asensio Carcelén, Boto Hosteleri/Habelas Hailas, Centro de Recuperación de Sabores da Ribeira Sacra S.L.U, Artexana Mondi, Froitas do Rosal, Apigal, Tesouro de Barcala, Granxa Ecolóxica O Carballo, Ríos Secreto Galaico S.L, Aceites Abril, Sociedade Cooperativa Agraria Andaluza – San Francisco, Aceites Vizcántar, Castañam e A Perla Illas Cies S.L coa colaboración nunha das súas innovacións de Bodega Don Olegario e Daveiga.
Produtos de gran orixinalidade
As bebidas estarán moi presentes nesta exposición, entre elas, cervexa artesá cun toque picante elaborada con chile chipotle afumado, sidra natural elaborada con 21 variedades de mazá ou sidra espumosa, viños como un tinto monastrell ecolóxico semicrianza 4 meses con Denominación de Orixe Jumilla ou diversas cremas, de chocolate branco e fresas, de froitas silvestres ou de torta de améndoa.
Entre os produtos máis doces, poderanse ver distintas propostas de respostería ecolóxica, como galletas de manteiga con froita ou as tortas “A Muiñeira de Chantada”, elaborada con fariña de espelta e o roscón “Da Festa do Patrón”, con zume de froita; chocolate á cunca apto para diabéticos, celíacos e intolerantes á lactosa; marmelada extra de mirabeles con produtos 100% ecolóxicos, mel cremosa con abelás ou mel premium en envase exclusivo de porcelana de Sargadelos, salami de chocolate ou doces de froitas totalmente artesanais.
Entre os cárnicos estarán presentes chourizo ao corte sen glute e sen lactosa ou hamburguesas de carne de razas autóctonas galegas en perigo de extinción criadas en ecolóxico con variedades que inclúen algas, queixo ou pementa, mentres que entre os aceites de oliva virxe extra, amosaranse novos envase ou un coupage exclusivo das variedades arbequina e picual.
Completarán esta innovadora mostra presente en Alinova produtos como pan e empanada elaborada con fariña de castaña, rustido para empanada en conserva listo para usar, de bacallau, polbo e outros moitos produtos, ou un pack denominado Merenda Galega que inclúe viño Albariño, galletas mariñeiras con algas e patés de centolo e nécora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22