Galicia
A Xunta blinda nos aspectos esenciais o dispositivo de loita contra incendios
O Pladiga adáptase ao recentemente aprobado Plan Especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (PEIFOGA)
A Consellería do Medio Rural e do Mar blinda nos aspectos esenciais o dispositivo de loita contra incendios. Así o destacou esta mañá a titular deste departamento, Rosa Quintana, durante a presentación do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2015), no marco do Consello Forestal de Galicia.
O Pladiga 2015 adáptase ao recentemente aprobado Plan Especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (PEIFOGA). Con esta adaptación, redefínense as situacións operativas de emerxencia que deben de contemplar os plans e que substitúen aos niveis de gravidade.
Deste modo, o nivel de gravidade 0 que antes recollía o Pladiga -referido a aqueles incendios que non supoñen perigo para persoas non relacionadas cos labores de extinción, nin para bens distintos aos de natureza forestal- pasa a denominarse Situación 0. Porén, cando sexa preciso solicitar a colaboración da UME porque existen moitos lumes nunha zona determinada ou cando o incendio é perigoso e pode afectar a bens forestais e, de forma leve, á poboación (aínda que non supoña o desaloxo de vivendas) ou bens de natureza non forestal, pásase a denominar Situación 1 (na anterior nomenclatura seguíase a denominar Nivel 0).
Os coñecidos como lumes de Nivel 1 -aqueles que pola súa posible evolución necesitan a posta en práctica de medidas para a protección das persoas e/ou dos bens distintos dos de natureza forestal- pasarán a denominarse Situación 2.
Por último, a nova Situación 3 será cando se rexistren incendios que poidan supoñer situacións de emerxencia de interese nacional e, incluso, ter que seren declarados polo Ministerio do Interior (coñecidos anteriormente como Nivel 2 e 3).
Así, o Pladiga 2015 tamén se adapta ao Real Decreto 893/2013, de 15 de novembro, polo que se aproba a Directriz básica de planificación de protección civil de emerxencia por incendios forestais. Deste modo, quedan establecidos os distintos estados polo que evoluciona un lume. Falamos de lume estabilizado cando, sen chegar a estar controlado, evoluciona dentro das liñas de control establecidas segundo as previsións e os labores de extinción conducentes ao seu control. O lume controlado é aquel que se conseguiu illar e deter o seu avance e propagación, entendendo que todo lume sen lapas no perímetro ou no que se estean a executar labores de remate ou saneamento é un lume controlado. O lume extinguido é aquel no que xa non existen materiais en ignición no perímetro do incendio e considerase que non e posible a súa reprodución.
Aspectos que se manteñen
Para esta campaña, o dispositivo de loita contra os incendios manterá o número de efectivos despregados nos montes galegos. Así, estará composto por 5.767 persoas do SPDCIF (Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais), reforzado por persoal do Ministerio, do Exército e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado ata completar un operativo de máis de 7.000 efectivos.
No tocante aos medios materiais, contarase con 32 medios aéreos -entre os propios da Xunta e os que aporta o Estado- e 360 motobombas do SPDCIF da Xunta, dos concellos e dos parques de bombeiros, aos que se engaden cisternas, pas e outros vehículos.
Tamén se manteñen as 79 Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) que se incorporaron no Pladiga 2014. Lembramos que estas parroquias entraron no listado ben polo número de incendios reiterados (57 parroquias) e/ou á súa virulencia (24 parroquias). Tal e como se viña realizando, levaranse a cabo medidas extraordinarias como o seguimento exhaustivo das actividades desenvolvidas no territorio, a exclusión das autorizacións extraordinarias para pastoreo en terreos queimados e un control rigoroso das axudas públicas concedidas nestas parroquias. O obxectivo é exercer unha función disuasoria á vez que se intensifican as actuacións de vixilancia.
Pola súa parte, o papel da brigadas de investigación de incendios forestais (BIIF) segue a ser imprescindible para determinar as posibles causas dos lumes. Así, manterase a súa capacidade de poder abrir expediente sancionador sobre aquelas fincas abandonadas. A maiores, e como novidade, levarán a cabo inspeccións naqueles terreos forestais afectados polo lume nos que existan primas relacionadas coa súa xestión.
Colaboración
Un ano máis, a Consellería do Medio Rural e do Mar aposta firmemente pola colaboración con outras entidades e administracións. Deste xeito, mantéñense os convenios subscritos cos concellos para tratamentos preventivos en vías e camiños de titularidade municipal e a actuación de brigadas municipais de prevención e defensa, que se sumarán ao dispositivo do Distrito Forestal onde se sitúe o concello.
Tamén se seguirá colaborando coa Federación de Municipios e Provincias (FEGAMP), para a elaboración de ordenanzas tipo para a xestión da biomasa en terreos urbanos e de núcleo rural e dun modelo de Bando Municipal informativo. Do mesmo xeito, mantense a colaboración Xunta-municipios-deputacións para a creación e implantación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213