Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 07 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

Unha colisión entre dous turismos en Tomiño sáldase con cinco persoas feridas

Un total de cinco persoas foron trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia por mor dunha colisión entre dous turismos. Os feridos viaxaban nun dos vehículos sinistrados, mentres que o condutor do outro vehículo resultou ileso. O accidente tivo lugar na rúa Gondomar, no núcleo urbano de Tomiño. Tras rexistrar a chamada dun particular, minutos antes das 20:30 horas da tarde de onte, o 112 Galicia informou a Urxencias Médicas, Policía Local, Garda Civil de Tráfico, GES de A Guarda e Protección Civil de Tomiño. Por outra banda, no concello lucense de Guntín outras tres persoas resultaron feridas de diversa consideración por mor dunha colisión entre dous vehículos. O sinistro tivo lugar na estrada N-540, a un quilómetro de Guntín, en sentido Lugo. O 112 Galicia, tras recibir a alerta dun particular ao fío das 18:50 horas de onte, requiriu a presenza de Urxencias Médicas, GES de Monterroso, Tráfico e o servizo de limpeza da vía.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.