Xornadas de innovación empresarial en Cambados, Vigo, Ponteareas, O Porriño, Lalín e Pontevedra
Difundir entre o tecido empresarial da provincia os beneficios da innovación na xestión empresarial, financieira e asociativa para mellorar a competitividade das pemes. Ese é o obxectivo do programa de actividades que ao abeiro do proxecto PROPONTE se van desenvolver ao longo deste mes de xuño nos centros CPAE 2.0 da provincia.
![[Img #19065]](upload/img/periodico/img_19065.jpg)
Sesións en Aberto
Seis sesión formativas nas que expertos asesores de INDRA e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI) darán contas da importancia da creatividade e a innovación para mellorar a competitividade dentro do tecido empresarial. Así como da necesidade de implementar plans estratéxicos para mellorar as vendas. Estas xornadas desenvolveranse nos Centros Provinciais de Asesoramento Empresarial, CPAE 2.0 da provincia co fin de permitirlle unha maior dipoñibilidade ás empresas participantes.
Josef Ajram na sesión de peche do proxecto
O 24 de xuño, a Deputación de Pontevedra, na súa sede de Rías Baixas acollerá a xornada que porá fin ao proxecto. Unha sesión na que se dará conta dos resultados do proxecto PROPONTE e dos beneficios que da innovación empresarial tamén se desprenden no conxunto da sociedade.
A xornada contará ademais coa participación dun prestixioso bróker internacional, Josef Ajram. Coach e triatleta barcelonés que vai desgranar os segredos de todo bo inversor tendo en conta a súa propia experiencia en dous mundos que nada teñen que ver o deporte e a economía pero que se renden a unha fórmula maxistral baseada na constancia, a disciplina, o cálculo de posibilidades e capacidades e unha gran dose de sentido común.
Josef Ajram repasará temas como a loita polos obxectivos, afrontar as dificultades que imposibilitan chegar á meta perseguida, o esforzo, a vontade e a constancia como chaves do éxito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22