Mos
Aberto o prazo de inscrición na primeira quenda do campamento “Mañás de Verán”
Esta actividade estival dirixida ós nenos e nenas mosenses de entre 3 e 12 anos pretende fomentar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais
A concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón promove un ano máis o campamento matinal “Mañás de verán”, nos meses de xullo e agosto para os escolares de Mos. Levarase a cabo no CEIP Mestre Valverde Maio de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
Poderán participar ata 186 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. O Concello de Mos subvenciona unha parte do custe por cada neno, resultando o prezo final por cada participante e quenda de 40 euros.
Respecto desta iniciativa Monzón declaraba hoxe que “un ano máis, a concellería de Educación do Concello de Mos pon en marcha os campamentos matinais para os nenos e nenas do concello en idade escolar. Esta experiencia fará que os nenos e nenas se divirtan, aprendan a relacionarse, compartan actividades e sobre todo vivirán novas e enriquecedoras experiencias. Como en anos anteriores, brindaremos actividades únicas para a educación cognitiva, social e afectiva dos participantes, cunha organización responsable, coherente e profesional, garantindo a harmonía, a convivencia, a alegría e o benestar de todos/as. Con esta iniciativa, ofrecemos de novo unha ferramenta de conciliación entre a vida laboral e familiar para os habitantes do noso concello, de xeito que nesta época estival os rapaces e rapazas poidan gozar dun ocio saudable e de calidade dirixido a través de prácticas educativas”.
Os obxectivos deste campamento estival son facilitar a conciliación da vida laboral e familiar no período de vacacións escolares, promover a calidade de vida dos nenos/as de Mos e das súas familias, potenciar a educación en valores e hábitos saudables, favorecer o coñecemento da diversidade e riqueza natural do noso entorno e facer deste proxecto unha experiencia divertida e inesquecible para os rapaces e rapazas do Concello.
As actividades distribuiranse en 4 quendas que poderán escoller os solicitantes: 1ª quenda do 1 ao 15 de xullo (ambos inclusive), 2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo (ambos inclusive), 3ª quenda do 3 agosto ao 17 de agosto (ambos inclusive) e 4ª quenda do 18 ao 31 de agosto (ambos inclusive).
As persoas interesadas deberán cubrir unha solicitude de inscrición para o campamento debidamente asinada polo pai/nai ou titor do/a menor e achegando o que nela se solicita, facendo constar a quenda na que o/a menor está interesado/a. De quedar prazas vacantes os/as participantes poderán solicitar outras quendas onde se terá en conta a necesidade familiar coa conciliación da vida laboral, de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles.
A solicitude de inscrición está a disposición do público, na concellería de Educación no edificio Multiusos, no Rexistro do Concello e na páxina web do Concello, apartado descargas.
O prazo de inscrición comezou hoxe e rematará ó 19 de xuño, para os que queiran asistir na primeira quenda de xullo. Para o resto das quendas o prazo será dende o 19 ata o 30 de xuño, ata esgotar as prazas dispoñibles, que son un total de 186.
A publicación do listado de admitidos para a primeira quenda, será o día 22 de xuño. O listado de admitidos no resto das quendas publicarase o día 1 de xullo, quedando aberto o prazo dende o 2 ao 10 de xullo para facer o pago.
Ofertaranse ademais, dentro do campamento, servizos de aula matinal e comedor cun custe a maiores e que serán prestados sempre e cando se consiga un número mínimo de 10 nenos/as por servizo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22