Baiona
A Consellería de Medio Ambiente inicia as obras de prolongación do carril bici de Baiona
A actuación permitirá conectar o paseo marítimo existente ata o Parador co carril bici Baiona – A Guarda nun período estimado de tres meses
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), comeza hoxe as obras que teñen como obxectivo crear unha prolongación ata o Parador de Baiona do carril bici existente na PO-552, desde a Guarda ata as proximidades desta vila pontevedresa.
Aínda que o contrato de obras, adxudicado á empresa Construcións Taboada e Ramos, S.L., conta cun prazo de tres meses, procurarase axilizar ao máximo a súa execución para que o carril-bici poida xa ser utilizado neste verán polos residentes e numerosos visitantes da vila pontevedresa.
O novo tramo de carril bici, dun quilómetro de lonxitude, unirá o punto quilométrico 16+700 (acceso ao Parador) e o 17+700 (curva do Hotel Rompeolas) da estrada Vigo – Tui (PO-552), polo que servirá para comunicar o carril bici xa en servizo entre Baiona e a Guarda, que finaliza a aproximadamente 350 metros da entrada ao núcleo de Baiona, co existente no paseo marítimo de Baiona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213