Provincia
Unha persoa resultou ferida tras colidir un camión e un coche en Vigo
A colisión entre un camión que transportaba chatarra e un vehículo deixou esta mañá unha persoa ferida. No momento de producirse a colisión, os vehículos circulaban pola Avenida da Gran Vía, á altura do número 41, en Vigo. Varios particulares alertaron ao CAE 112 Galicia do suceso sobre as 11:30 horas de hoxe, que solicitou a intervención dos servizos sanitarios de urxencia, dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Vigo. Case á mesma hora, o 112 Galicia tiña constancia doutro accidente que ocorría na cidade olívica. Neste caso, se tratou dunha colisión entre dous vehículos que circulaban polo alto de Puxeiros, na entrada da autoestrada. Ao igual que no caso anterior, tamén unha persoa resultou ferida, segundo indicaron os servizos sanitarios ao CAE 112 Galicia. Tras recibir o aviso, o persoal do Centro de Emerxencias pediu a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e informou aos efectivos de Protección Civil. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191