Mos
As obras de mellora do paseo do Louro quedarán rematadas este mes
A poques de rematar os traballos de ordenación do cauce e recuperación da senda
![[Img #19081]](upload/img/periodico/img_19081.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros mosenses Alberto Méndez e Camilo Augusto, visitaron esta mañá os traballos de mellora do paseo do río Louro que se atopan prácticamente rematados e cuxa finalización se producirá ó longo do presente mes.
Os representantes municipais visitaron e supervisaron esta mañá a boa marcha das obras de ordenación do cauce e marxes do Río Louro ó seu paso por Mos. Trátase esta dunha obra do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente realizada a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que se fixo necesaria dada a gran afección do cauce e marxes do río polas sucesivas crecidas que provocaron o arrastre do pavimento e o derrubamento e socabación das beiras en diversos tramos.
Estas actuacións están incluídas no programa operativo de financiación con cargo ós Fondos de Desenvolvemento Rexional, FEDER, deseñados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e que contan coa participación e apoio cidadán das poboacións implicadas, tal é o caso de Mos, co obxectivo de levar a cabo actuacións para a mellora medioambiental do contorno dos ríos.
A actuación levada a cabo en Mos supón unha inversión aproximada de 500.000 euros, que financia a Confederación Hidrográfica nun 80% e a Deputación de Pontevedra no 20% restante.
Os traballos máis representativos deste proxecto agrúpanse en dous grandes capítulos: a ordenación do cauce por unha banda, e a recuperación da senda por outra banda.
Por un lado ordénase o cauce mediante unha limpeza selectiva do mesmo e realízanse unha serie de actuacións para recuperar, consolidar e previr erosións provocadas polas crecidas do río. Para elo execútase unha nova escolleira con bloques de pedra granítica, recupéranse 295 metros de muros e escolleiras deterioradas e estabilízanse os taludes máis debilitados, mediante técnicas blandas de bioenxeñería.
Por outro lado, en canto á recuperación da senda, actuouse ó longo de máis de 2.700 metros do trazado existente, con anchuras ó longo de todo o paseo que oscilan entre os 2,30 e os 2,50 metros. Para elo plantexouse unha limpeza e desbroce en toda a lonxitude, saneando e preparando o terreo existente para a execución dun novo pavimento, que se proxectou con material ecolóxico, preparado para soportar a erosión e o arrastre de materiais nos momentos de intenso caudal.
Así mesmo realizouse a reparación, mellora e execución de novos elementos de drenaxe que permitan protexer a senda da forza da auga.
O deterioro do sendeiro ecolóxico do Louro ó seu paso por Mos veu motivado polas crecidas do río e as inclemencias meteorolóxicas que arrastraron a pavimentación e deixaron impracticable o paseo fluvial, e provocaron o derrumbe e socavación das orillas en diversos tramos do río. Neste sentido o obxectivo que se persegue con esta obra na senda do río Louro, segundo declara a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, é “unha solución definitiva para este paseo, que o manteña en bo estado a longo prazo e non requira de reparacións constantes por mor dos desperfectos ocasionados cada vez que se producen condicións meteorolóxicas adversas”. O obxectivo desta obra é mellorar o entorno do río Louro dende unha perspectiva medioambiental e rehabilitar a senda tan empregada polos veciños e veciñas de Mos. Trátase dunha obra pensada para as persoas.
Detalles da obra
Trátase dunha obra de recuperación ambiental e social do entorno do río Louro ó seu paso por Mos. A fase de recuperación ambiental inclúe a estabilización das marxes, a recuperación do dominio público e a prantación de especies vexetais e arbóreas autóctonas.
Para aportar á zona unha solución duradeira combínanse a acometida de escolleras nos lugares con máis velocidade de caudal e a bioenxeñería para os lugares con velocidade de caudal máis moderada. O pavimento da senda peonil será un composto de árido e vidro reciclable cun aspecto parecido ó do xabre.
No documento elaborado para superar a fase de evaluación ambiental indícase que se establecerá un perímetro de protección e barreiras para evitar o arrastre de sólidos ata as augas durante a execución dos movementos de terras e aperturas de sendas. Segundo se indica tamén neste documento ambiental, a recuperación da senda fluvial existente coa aplicación dun novo pavimento tipo aripaq terrizo, xerará un efecto positivo no ecosistema, evitándose o emprego de zahorra e xabre. No proxecto tamén se contempla a realización de analíticas de augas, unha análise augas arriba e outra augas abaixo durante o desenrolo das obras de hormigonado. Tamén se realizará unha sembra para reter o solo tras os movementos de terras e se adoitarán actuacións de protección a base de técnicas de bioenxeñería para a estabilización estructural do ecosistema fluvial en aqueles ámbitos onde a velocidade das augas sexa inferior.
Ademais, tal e coma solicita a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, elimínanse os brotes de Arundo donax e Phyllostachys sp., e, por outra parte, as plantacións a realizar no proxecto serán de carácter autóctono.
Evítanse ademais cambios artificiais do relevo que dificulten a movilidade dos vertebrados terrestres, así como o levantamento de barreiras que eviten o paso da fauna silvestre cara ó río. Asimesmo mantéñense as manchas de vexeteción existentes, co obxecto de conservar os refuxios da fauna e corredores ecolóxicos.
Con esta actuación nas marxes do Louro a paisaxe e a calidade de vida da poboación mellorarán gracias á recuperación ecolóxica e social mediante actuacións blandas en consonancia co contorno no que se enmarcan, conservando os valores ambientais asociados ó cauce e asegurando a súa integración.
O proxecto conta tamén cun programa de vixiancia ambiental que asegure a correcta execución das medidas preventivas e correctoras propostas, así coma o control da súa evolución e a aplicación de medidas adicionais.
En resumo, co proxecto de actuación no paseo do Louro, preténdese a recuperación da senda fluvial existente, xunto coa defensa, protección e consolidación de marxes, e así evitar as erosións ocasionadas pola crecida do río. Ademais procédese á limpeza do cauce e á realización dunha ordenación ecolóxica da zona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213