Mos
Mos recibe a subvención para contratar a primeira brigada anti incendios do verán
Constará de 11 traballadores: 6 conductores e 5 operarios
![[Img #19096]](upload/img/periodico/img_19096.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Medio Ambiente, Julia Loureiro, informaron a semana pasada de que a consellería de Medio Rural e do Mar ven de concederlle ó Concello unha subvención para a contratación de persoal en materia de prevención de incendios forestais.
Neste sentido a rexedora local e o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas, asinaron un convenio de colaboración subscrito entre a consellería e a entidade local de Mos para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, FEADER.
Gracias a este convenio contrataranse a un total de 11 persoas, 6 conductores de vehículos motobomba e 5 operarios: dos cales 4 son peóns e 1 capataz. A contratación dos conductores motobomba prolongarase durante 5 meses e medio, mentres que os operarios manuais terán un contrato de 3 meses. Todos comezarán a traballar a principios do vindeiro mes de xullo.
A edil Julia Loureiro destacou a importancia destas contratacións durante a tempada estival xa que “os incendios forestais son unha ameaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só ó patrimonio forestal público e privado, senón tamén ós recursos naturais e ó mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural; de ahí a enorme necesidade da actuación preventiva”, dixo. E é que tódolos municipios de Galicia están declarados de alto ou medio risco de incendio.
A brigada que se contratará para actuar no Concello de Mos desenvolverá labores de vixilancia e defensa e realizará traballos de prevención de forma manual. Serán accións combinadas de prevención e defensa contra incendios forestais, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de tódolos recursos.
Os traballos da brigada manual consistirán en actuacións en zonas non mecanizables mediante tratamentos silvícolas como rozas, rareos e posterior eliminación de restos; e tratamentos preventivos con actuacións mecanizadas mediante desbroces.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101