Ponteareas
Afeccionados aos deportes urbanos contan cunhanova pista de “skate” do Parque das Pombas
A nova pista de “skate” situada no parque das Pombas de Ponteareas recibía a semana pasada, a participación de varios afeccionados aos deportes urbanos. Entre 20 e 30 persoas participaron con bicis, patíns e monopatíns nunha improvisada exhibición que serviu como inauguración oficiosa da instalación deseñada e instalada pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.
Adrián Otero, profesor de escultura na escola, afeccionado ao “skate” e ideólogo desta obra, salienta que “este tipo de proxectos serven para modernizar o oficio de canteiro e, asemade, permiten difundir un dos materiais máis característicos da nosa provincia como é o granito.”
A pista de “skate” está composta por nove elementos de granito galego aptos para a práctica de deportes de rodas, cunha dificultade inicial e media. Consta dun “wallrider” curvo, un caixón, unha pirámide en ángulo recto, un “wallrider” cun arco, un caixón curvo, un “wallie”, unha pirámide normal, un caixón en baixada e unha pirámide “corner”. Adrián Otero destaca tamén que “o granito é un material máis duradeiro que os empregados habitualmente na construción deste tipo de pistas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119