Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 12 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Unha colisión entre dous turismos deixou a catro persoas feridas en Vigo

Catro persoas foron trasladadas ao hospital para seren atendidas das feridas causadas por un choque entre dous turismos na Avenida Clara Campoamor, en Vigo. Como consecuencia do impacto, un dos feridos quedou atrapado no interior dun dos vehículos implicados, xa que se espetou contra un valo. Por iso, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros da cidade para liberalo. Ademais, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se informou a Urxencias Médicas, Policía Local e Protección Civil. O accidente tivo lugar apenas uns minutos antes das sete da tarde de onte. Ademais, na Coruña, outra persoa tivo que ser excarcerada tras quedar atrapada no vehículo no que circulaba. Tras recibir a alerta dun particular, pasados uns minutos das 22:00 horas desta noite, o 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros da cidade, que liberaron ao ferido. Tamén foi informado o persoal de Urxencias Médicas e os axentes da Policía Local. O suceso tivo lugar no paseo marítimo coruñés, á altura da Praia do Orzán.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.