Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 18 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Nigrán

Medio Ambiente remata dúas actuacións de conservación fluvial nuns regatos do Concello de Nigrán

As tarefas consistiron na retirada de árbores e ramas caídas na canle e nas marxes do río, no desbroce selectivo de maleza en varios tramos e na corta puntual de vimbieiros

[Img #19132]Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de rematar unha serie de actuacións de conservación fluvial en dous regatos situados no concello de Nigrán, un á altura do camiño do Pinicho e outro na zona de Prado cun custo total de 5.000 euros. Débese ter en conta que estes labores teñen como obxectivo evitar os asolagamentos nas etapas de choivas intensas.

 

Por unha banda, no regato situado á altura do camiño do Pinicho número 6, realizouse a roza selectiva da vexetación herbácea e matorral no leito e nas marxes sobre un tramo de preto de 145 metros.

 

Augas de Galicia estima que o importe destes traballos foi de 1.800 euros.

 

O rego do Prado, que pertence á parroquia Priegue, foi outro dos puntos sobre os que se realizaron diversas accións de mantemento e conservación.

 

Neste caso, as tarefas tamén incluíron o desbroce selectivo de matorral, a retirada de atascos por caída de árbores, a acumulación de ramas e unha corta puntual de vimbieiros. Todo isto fíxose sobre un percorrido de 770 metros cun custo aproximado de 3.200 euros.

 

Estas accións están enmarcadas no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección que a Xunta de Galicia está a desenvolver.

 

Pulo ás actuacións de conservación e limpeza


Grazas ao Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia, que inclúe as medidas necesarias para axilizar a limpeza dos ríos e as actuacións de emerxencia en época de seca, -entre outros puntos- a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reduce de 6 meses a 15 días o período de tramitación para autorizar limpezas de ríos co fin de optimizar o estado ecolóxico das canles da Demarcación Galicia-Costa e evitar riscos de asolagamentos.

 

Coa nova normativa só será necesario que o particular ou administración local correspondente comunique con 15 días de antelación as tarefas a executar a Augas de Galicia. Trátase dunha axilización fronte aos trámites actuais, que se traducen nunha duración de entre 4 e 6 meses por expediente. A día de hoxe, realizar este tipo de actuacións precisa unha presentación da solicitude, especificando o tramo e os traballos de limpeza, visita da gardería, informes técnicos e proposta-resolución.

 

A simplificación no procedemento fomenta a vontade para mellorar os leitos da Demarcación Galicia-Costa, xa que a actual xestión provocaba que os solicitantes perderan a motivación de levar a cabo esta mellora e acción de mantemento nos ríos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.