Ponteareas
BNG, PSOE e Riada pechan o pacto de goberno en Ponteareas
O consenso plasmouse nun acordo programático e de xestión do goberno
O BNG, PSOE e Riada lograron pechar o pacto para gobernar Ponteareas durante os vindeiros catro anos. Tras algo máis dunha semana de negociacións as tres forzas pactaron o programa, as áreas de goberno e as responsabilidades que cada concelleiro asumirá no futuro goberno.
Programa
As tres forzas márcanse como obxectivo “cambiar o rumbo do Concello con cambios profundos na forma de gobernar e nos proxectos a executar”. O programa de goberno establece como liñas prioritarias de traballo “a mellora do benestar social, a creación de emprego, a mellora da calidade de vida da veciñanza e a protección do territorio, do medioambiente e do patrimonio cultural”. O novo goberno pretende xestionar o Concello “de xeito democrático, transparente e aberto aos ponteareáns”.
As tres forzas pretenden acadar o “obxectivo de exclusión social cero, atendendo debidamente as situacións de emerxencia social, aprobar o PXOM e o parque empresarial da Lomba, descontaminar o río Tea, reorientar o CDL como instrumento de creación de emprego, por en marcha os Consellos Municipais de participación cidadá, dotar as parroquias dos servizos básicos avanzando co saneamento, dotar a Ponteareas de vida cultural, deportiva e de ocio ampla e de calidade, crear novos espazos públicos e de lecer, humanizando o casco urbano e reforzar os servizos públicos básicos, especialmente o ensino público”.
Responsabilidades de goberno
En canto ás responsabilidades de goberno, a Alcaldía recaerá en Xosé Represas (BNG) e a primeira tenencia de alcaldía en Chus Garrote (PSOE). A Xunta de Goberno estará formada por sete membros, como até agora, con tres representantes do BNG, outros tres do PSOE e un de ARdT. En canto ás áreas de goberno quedan distribuídas do seguinte xeito: o BNG farase cargo de Facenda, Persoal e Réxime Interior, Participación Cidadán, Desenvolvemento Económico e Emprego, Turismo, Benestar Social e Igualdade, Medioambiente, Cultura, Ensino e Mocidade; o PSOE responsabilizarase de Urbanismo, Vías e Obras, Comercio, Sanidade, Tráfico, Seguridade Cidadán, Novas Tecnoloxías e Deportes. Pola súa banda, o edil de ARdT, Manuel Troncoso asumirá a área de Servizos Sociais e Medio Rural.
Os máximos responsables das tres forzas, Xosé Represas, Chus Garrote e Manuel Troncoso salientaron que “o pacto acadouse con facilidade grazas á boa disposición de todas as partes, é resultado dun traballo de negociación responsábel, que dá resposta ao que os ponteareáns reclamaron nas urnas e que permitirá que Ponteareas dispoña por vez primeira en máis dunha década dun goberno estable e sólido e cun programa compartido”. Represas, Garrote e Troncoso sinalaron que “somos conscentes da grande responsabilidade que asumimos e estamos convencidos de que non defraudaremos aos ponteareáns”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213