Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Xosé Represas inicia os trámites para facer efectiva a súa renuncia ao soldo de Alcalde

O alcalde de Ponteareas indica ao interventor que realice os trámites para que o diñeiro da súa nómina se convirta nunha partida orzamentaria destinada a subvencionar a creación de postos de traballo

[Img #19149]O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, indicou esta mañá ao interventor do concello que inicie a tramitación oportuna da súa renuncia ao soldo de alcalde, no que constitúe a primeira medida que adopta o rexedor municipal trala súa investidura.

 

Trátase dunha das promesas electorais realizadas por Represas e que o novo alcalde cumpre así nos seus primeiros días de mandato.

 

A intención de Represas é aproveitar ese diñeiro para crear unha partida orzamentaria coa que subvencionar a creación de postos de traballo en Ponteareas. A previsión do goberno municipal é aprobar e publicar unha orde de axudas dirixida a incentivar a contratación de traballadores e as iniciativas dos emprendedores.

 

O novo goberno local “é consciente de que a falta de emprego é un dos principais problemas que afectan aos veciños e as veciñas de Ponteareas. Esta medida vai encamiñada a poñer todos os recursos posibles a prol da creación de oportunidades laborais para os habitantes do municipio”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.