Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 19 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Unha condutora abandona o seu turismo sinistrado na vía férrea momentos antes de ser arrastrado por un tren

[Img #19160]

Unha muller logrou saír do seu vehículo antes de que fose arrastrado por un tren na parroquia de Louredo, en Mos. Segundo relatou a propia condutora ao persoal do CAE 112 Galicia, o coche que manexaba se saíu da N-550 e foi parar ás vías do tren. A muller tivo o tempo xusto para abandonar o vehículo e chamar ao 112 Galicia cando un tren de mercadorías arrastrou irremediablemente o turismo. O condutor do convoi resultou ileso e a muller tivo que ser atendida polos servizos sanitarios de urxencia, pois sentía dor nun nocello.

 

A causa do accidente foi necesario cortar a circulación ferroviaria, que quedou restablecida ás catro desta madrugada cando os vehículos foron retirados das vías. Igualmente, o impacto causou algúns danos na N-550, polo que o persoal do 112 Galicia informou ao servizo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento. Despois da chamada da afectada á medianoite, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que participaron ADIF, Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, Garda Civil e Servizo de Emerxencias de Mos.   

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.