Ponteareas
Ponteareas organizará un campamento urbano durante os meses de xullo e agosto
As actividades terán lugar no CEIP Nosa Señora dos Remedios, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas
A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, xestionada por Cristina Fernández, organizará un campamento urbano para nenos de entre 3 e 12 anos que comezará o vindeiro 1 de xullo e rematará o 31 de agosto.
Este campamento, que recibe o nome de “Campus Tea – 2015”, terá lugar no CEIP Nosa Señora dos Remedios e estará dividido en catro quendas. Cada unha destas quendas terá unha duración de quince días e constarán de diferentes actividades temáticas, adaptando os seus contidos ás diferentes idades.
A primeira quenda celebrarase entre os días 1 e 15 de xullo, ámbolos dous inclusive, e permitirá que os cativos poidan achegarse ao eido da cultura castrexa dunha maneira divertida, tentando espertar o seu interese por un estilo de vida tan distinto do actual.
Durante a segunda quincena do mes de xullo, os nenos poderán descubrir diferentes procesos dos alimentos, tanto dos procesados como daqueles cunha orixe ecolóxica, grazas á realización de obradoiros de cociña e xogos variados para fomentar hábitos de vida saudables.
Entre os días 1 e 15 de agosto, ámbolos dous inclusive, o foco estará centrado no ámbito deportivo. As actividades fusionarán xogo e deporte, tentando procurar unha mestura que posibilite que os rapaces carguen pilas e aproveiten o bo clima do verán en compañía dos seus iguais.
A última quenda, prevista para a segunda quincena do mes de agosto, estará centrada na escritura, percorrendo a historia dende a súa orixe, pasando polos primeiros libros até chegar á creación da imprenta. Tamén se fará un pequeno repaso dos diferentes tipos de escritura existentes na actualidade: cirílico, braile, etc.
As prazas para este campamento son limitadas e as inscricións fanse por quenda, sendo posible inscribirse en varias sempre que haxa prazas dispoñibles. O prazo para anotarse comeza o luns, 22 de xuño e remata o venres, 26 de xuño.
Cada quenda ten un prezo de inscrición de 35 euros e todas elas se desenvolverán de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas. Todas aquelas persoas interesadas deben dirixirse ao departamento de Ensino do Concello de Ponteareas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101