Mos
A parroquia de Mos celebra mañá o San Xoán
Mañá martes día 23, a partires das 22:00 h. ó carón do Pazo de Mos, a Asociación de Veciños Sta. Baia e o Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia, terán todo a punto para que tanto veciños como visitantes teñan a súa disposición churrasco, chourizos e viño da casa que se poderán degustar na noite máis longa do ano, e todo elo ó son da música dos gaiteiros do Círculo Cultural e de cantos se atrevan a tocar, bailar e cantar ó redor dunha grande cacharela.
O remate de festa contará coa elaboración dunha queimada onde, cómo de costume, se fará un esconxuro para “invocar as forzas da terra e do máis alá para que nos protexan e nos afasten dos demos ou malos espíritos”.
Dende a organización agradecen tamén “a colaboración da Comunidade de Montes para poder levar adiante esta iniciativa”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180