Galicia
A Xunta destaca o “desinteresado e eficaz” labor que desempeñan os voluntarios de Protección Civil
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe na AGASP o Encontro de Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de Galicia
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe na AGASP un Encontro de Asociacións de Voluntarios de Protección Civil, no que participaron preto de 600 voluntarios das catro provincias galegas.
No acto tamén estiveron presentes o conselleiro de Educación e Cultura, Román González, o director xeral da AGASP Luis Menor, o alcalde da Estrada, José López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Rueda destacou o “eficaz e desinteresado” labor que todos estes voluntarios realizan e resaltou as moitas horas que dedican a axudar os seus propios veciños. “Aportan un valor incalculable a nosa sociedade”, aclarou.
O encontro serviu á vez como unha xornada formativa na que ademais dun balance das iniciativas adoptadas en materia de protección civil nestes anos tamén se abordaron accións futuras nesta materia. Así, por exemplo, haberá relatorios sobre materia de redes sociais e novas tecnoloxías. Así como da nova Rede Tetra de Comunicacións móbiles de Emerxencias e Seguridade de Galicia.
Ademais, tratarase o tema da uniformidade e imaxe corporativa dos voluntarios de protección civil na Comunidade Autónoma e o persoal poderá familiarizarse co novo equipamento adquirido (Pick-ups, furgóns, remolques e semirremolques de emerxencia) que estará exposto nunha carpa na explanada da AGASP.
A adquisición deste material de traballo supuxo un importante esforzo por parte da Xunta que investiu máis de 4 millóns de euros para adquirir 40 todoterreos, 40 furgóns, 60 remolques e 30 esparexedores de sal. Unha achega imprescindible para que os profesionais podan traballar cos medios máis axeitados.
Tamén visitarán ao longo da xornada a nova sede do 112 na Estrada, que dende fai uns meses centraliza todo o relacionado coas emerxencias, dende a formación ata a xestión das incidencias e a mobilización dos medios, co obxectivo de que o servizo gañe en eficacia e eficiencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115