Provincia
Dez persoas resultaron feridas en senllos accidentes ocorridos en Vigo e Porto do Son
Un total de cinco persoas resultaron feridas onte despois de colidir catro vehículos que circulaban pola Avenida de Madrid, na cidade de Vigo. Segundo informaron os servizos sanitarios, só dous dos feridos foron trasladados ata un centro hospitalario de referencia. Tras o aviso, ao fío das 21:30 horas deste domingo, o CAE 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Vigo. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.
Por outra banda, no termo municipal coruñés de Porto do Son, outras cinco persoas tamén resultaron feridas ao chocar dous vehículos que circulaban pola estrada que une Porto do Son e Noia, ao pasar a igrexa de Noal. Os servizos sanitarios alertaban ao 112 Galicia desta colisión sobre as 21:00 horas de onte. De seguido, se pediu a intervención da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Porto do Son que confirmaron que tres dos feridos foron trasladados en ambulancia e dous en turismos particulares ata o Hospital do Barbanza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213