Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 22 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os concelleiros mosenses manteñen os seus soldos sen subidas

Arévalo continuará a cobrar 2.400 euros mensuais e os edís con dedicación exclusiva 1.500 euros

[Img #19192]Esta mañá celebrouse no Pazo de Mos o Pleno de Organización da Corporación Municipal no que se deu conta da constitución de grupos políticos, integrantes e voceiros.

 

A alcaldesa resolveu o nomeamento de Tenentes de Alcalde, membros da Xunta  de  Goberno Local e delegacións de competencias. O primeiro Tenente Alcalde é Alberto Méndez Lago, tamén concelleiro de Facenda, contratación, transparencia e deportes, e o segundo Tenente Alcalde é Camilo Augusto Martínez, edil de Coordinación de asociacións veciñais, patrimonio e servizos. Pola súa banda Óscar Soto Abadín leva a carteira de Promoción económica, emprego e novas tecnoloxías, Julia Loureiro dirixe os departamentos municipais de Urbanismo, medio ambiente e emerxencias; Luis Alonso Seijo Vías e obras, alumeado e eficiencia enerxética; Kely Monzón Otero Participación cidadá, educación e mobilidade; Cándido Pérez Rodríguez Limpeza, parques, xardíns e revalorización de espazos públicos; e Sara Cebreiro Alonso Política social, cultura, turismo, persoal e réxime interno.

 

En canto á proposta de recoñecemento de dedicacións exclusivas totais ou parciais destaca a conxelación do gasto en salarios dos membros do goberno municipal. O número de dedicacións seguirá a ser o mesmo: 5, e polos mesmos importes que na pasada lexislatura.

 

A rexedora local seguirá a cobrar 2.400 euros mensuais que supoñen un montante 33.000 euros ó ano. E os catro concelleiros con dedicación exclusiva, Sara Cebreiro, Kely Monzón, Julia Loureiro e Luis Alonso percibirán 1.500 euros ó mes que suman anualmente 21.000 euros.

 

Na sesión plenaria extraordinaria levada a cabo hoxe tamén se determinou a periodicidade das sesións do Pleno, que se convocará mensualmente, o último luns de cada mes ás 10.00 horas da mañá no Pazo de Mos. Pola súa banda, a periodicidade das sesións da Xunta de Goberno Local será semanal e estará integrada, ademais da alcaldesa , por Óscar Soto Abadín, Camilo Augusto Martínez, Alberto Méndez Lago, Cándido Pérez Rodríguez e Julia Loureiro Campo.

 

As Comisións informativas son sete, integradas cada unha delas por 5 membros do PP, 2 de GañaMos, 2 do PSOE e 1 do BNG. En realidade a representación do goberno en ditas comisións debería de ser de 7 integrantes pero, tal e como explicou a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, “decidimos ceder eses dous postos para maior operatividade e maior aforro do Concello”.

 

As sete Comisións informativas permanentes son: Promoción económica e emprego, Urbanismo e medio ambiente, Facenda e contratación, Participación cidadá, educación e mobilidade, Política social, cultura e deportes, Persoal e réxime interno e Servizos públicos e patrimonio. A periodicidade das mesmas será de unha Comisión informativa ordinaria mensual en función das necesidades do Pleno e das extraordinarias que se estimen necesarias.

 

Crítica ós horarios

 

Pola súa banda os grupos municipais GañaMos e BNG emitiron un comunicado no que critican o horario deste primeiro pleno da lexislatura –que se celebrou  ás 9 da mañá no Pazo de Mos-  así coma a proposta de celebración de tódolos Plenos da Corporación para os últimos luns de cada mes ás 10 da mañá no mesmo lugar.

 

 

Califican este horario coma “un ataque ao mundo laboral, tanto a empresas coma ós traballadores, ó interromper a xornada laboral dos concelleiros, diminuíndo a súa competitividade e rendimento nas empresas nas que traballan”.

 

Os membros da Asemblea Veciñal GañaMos e do BNG sinalan neste comunicado que tampouco enteden “que se negocie coa Fundación Pazo de Mos para celebración dos plenos e deixando de utilizarse os axeitados centros públicos gratuítos, tales coma o Multiusos e o CDL”.

 

Os socialistas de Mos tamén rexeitaron o cambio da data e hora de celebración dos plenos mensuais da corporación.  Defenderon que se seguise a manter o último xoves de cada mes as 18:00 como se ven celebrando dende fai varias lexislaturas.  Así mesmo, rexeitaron a proposta de recoñecemento de dedicacións exclusivas feita pola alcaldesa ó descoñecer o contido que moitas das areas de nova creación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.