Mos
Aberta a inscrición no programa estival de reforzo educativo para alumnos da ESO con materias pendentes para setembro
O prazo para anotarse rematará o vindeiro 3 de xullo
A concellería de Educación e Participación Cidadá do Concello de Mos propón de cara a este verán un programa de reforzo educativo para alumnado da ESO que necesite recuperar algunha materia nos exames de setembro.
Esta actividade estará baseada nunha acción formativa deseñada no desenvolvemento de coñecementos en canto ás materias suspensas, cunha parte fundamental de técnicas e motivación para o estudo. O obxectivo principal é asegurar os resultados a curto prazo na seguinte convocatoria de exames.
A proposta baséase nun programa de actividades prácticas e teóricas segundo os contidos concretos das materias foco de atención. Ademais como valor engadido, pero de maneira transversal, daranse pautas de traballo e aspectos básicos sobre as técnicas de estudo e motivación.
Este programa será impartido por profesionais titulados para garantir a calidade da formación. As materias para as cales se ofrecerá dita formación serán: castelá, galego, matemáticas, inglés e fisica-quimíca. A selección destas materias estableceuse tendo en conta os datos estatísticos de materias suspensas por curso escolar.
Os obxectivos do programa son ofrecer ó alumnado do IES de Mos recursos formativos para a recuperación dos exames de setembro e a mellora na continuación dos estudos no próximo curso académico, favorecer a motivación dos/as alumnos/as cara os estudos, e promover a adquisición dos hábitos e técnicas de estudo que permitan acadar o éxito académico, diminuíndo así o risco de abandono, desinterese ou fracaso escolar; facilitar o autocoñecemento dos/as alumnos/as no referente os seus propios intereses e aficcións; promover a reflexión sobre a actividade do estudo e os beneficios que proporciona sobre a persoa que a realiza; favorecer a busca de obxectivos persoais e o establecemento dos pasos necesarios para acadar os nosos obxectivos; fomentar bos hábitos de organización e planificación do estudo; e adquirir as técnicas de estudo necesarias para desenvolver a tarefa académica con éxito.
Poderase beneficiar desta formación o alumnado dos institutos de Mos que estivera realizando no curso académico 2014-2015, algún dos niveis da Educación Secundaria Obrigatoria (1º, 2º, 3º ou 4º da ESO), e lle quedara algunha das materias propostas neste programa (galego, castelá, inglés, matemáticas e/ou física-química) para recuperar na avaliación extraordinaria que terá lugar no mes de setembro.
Neste programa de reforzo educativo para a mocidade mosense cada materia terá unha duración de 4 horas semanais distribuídas en dúas sesións en días diferentes. A sesión estará distribuía do seguinte xeito: 30 minutos de hábitos e técnicas de estudo, 60 minutos de formación específica da materia e 30 minutos de motivación para o estudo
Estableceranse dous grupos, un por cada ciclo educativo da Educación Secundaria Obrigatoria. Estes grupos estarán en dúas aulas separadas por idade para que a formación sexa o máis específica e individualizada, atendendo ás necesidades de cada alumno/a. Cada grupo recibirá as mesmas materias en cada sesión pero de maneira intercalada.
O número mínimo de participantes por grupo é materia será de 6. Mentres que o máximo será de 12. No caso de non cubrir o mínimo por materia esta quedará anulada.
Para poder acceder a esta actividade establécese un prazo de inscrición que abranguerá ata o 3 de xullo. Neste prazo as persoas interesadas deberán cubrir unha solicitude de inscrición que poderán recoller no Rexistro do concello, no Multiusos ou na web. Posteriormente, dentro do prazo establecido deberán entregala no Rexistro ou no Multiusos. Nesta solicitude deben marcar expresamente as materias nas que teñen interese de participar.
Ó finalizar o prazo de inscrición, dende o 6 ao 7 de xullo, realizarase o proceso de valoración e creación de grupos por materia seguindo rigorosamente a orde de entrada no Rexistro do Concello. Aquelas materias que non cubran o mínimo de participantes non se realizarán.
Finalmente, o 8 de xullo farase pública a lista de admitidos/as, na cal se fará constar os datos do/a alumno/a e as materias concedidas xunto co horario. Esta será colgada na web do Concello, e nos taboleiros do Multiusos e do Rexistro.
Esta actividade realizarase nas aulas do Multiusos do Concello de Mos. O curso terá unha duración de sete semanas, comezando o día 13 de xullo ate o 28 de agosto, en horario de mañá, de 9:00 horas a 13:30 horas de luns a venres agás o día 7 de agosto ó ser festividade local (San Mamede).
O custe por alumno e materia de 2º ciclo da ESO será de 18 euros o mes de xullo e 24 euros o mes de agosto. Non pagarán nada os alumnos de 1º ciclo da ESO e os de 2º ciclo de familias usuarias de Servizos Sociais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22