Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 25 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A Policía Local e o Corpo Municipal de Bombeiros de Ponteareas ofrecen unha exhibición en Areas

Os alumnos do Colexio Rural Agrupado “A Picaraña”, en Areas, puideron coñecer un pouco mellor o labor de ámbolos dous corpos

[Img #19202]A Policía Local e o Corpo Municipal de Bombeiros de Ponteareas veñen de ofrecer unha pequena exhibición diante dos alumnos do Colexio Rural Agrupado “A Picaraña”, situado na parroquia ponteareá de Areas.

 

Membros de ámbolos dous corpos municipais explicaron un pouco máis polo miúdo a función que desempeña cada un deles, aclarando algunhas dúbidas dos cativos e das cativas.

 

Os alumnos tamén tiveron a opción de coñecer de primeira man os dispositivos cos que traballan cada un dos grupos, explorando os diferentes sistemas presentes tanto no camión de bombeiros como nos coches de patrulla da Policía Local.

 

Os nenos sacaron fotos cos cascos e algúns outros elementos de seguridade que manexan cada día este tipo de colectivos, ademais de gozar tocando as sirenas dos diferentes vehículos.

 

A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, salientou a importancia de que os máis pequenos vaian familiarizándose con aqueles corpos municipais encargados de velar pola seguridade dos cidadáns en diferentes eidos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.