Ponteareas
Rock in Río Tea chega a Ponteareas o 3 e 4 de xullo
O festival celebrarase os próximos 3 e 4 de xullo nas rúas de Ponteareas e o parque da Concordia
Unha nova edición do Rock in Río Tea chama ás portas. O rock volve pedir paso no Condado. Chega un festival disposto a superar ás dúas entregas anteriores grazas á combinación de artistas de primeiro nivel e a puxante escena local, que ofrecerán dúas noites de gloria.
A do sábado 4 de xullo vai ser unha gran noite. Pero toda gran festa merece un avance, que chegará en forma de caravana do rock o día anterior. Un camión perfectamente axeitado ofrecerá música en directo para seguir a ruta do rock, unha viaxe completa pola vila para facer chegar o festival a todos os rincóns de Ponteareas. Ao camión subirase Black Box, que comezará a pór música ás 22.15H na Praza Maior de Ponteareas. Unha hora despois percorrerá algunhas das rúas da vila ata chegar á Trovador Xoán Gª de Guillade (detrás do Concello), onde seguirá o concerto.
O sábado será o gran día. O parque da Concordia, o lugar elixido. Dous escenarios (bautizados cos nomes Aguas de Mondariz e Mahou) e acceso gratuito para un cartel encabezado pola banda madrileña Aurora & The Betrayers e no que tamén estarán The Soul Jacket, Familia Caamagno, La Banda de Mazinger, Cool Funeral e Mínima Son, que abrirá o festival ás 21.00H.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56