Provincia
Tres persoas resultan feridas tras colidir dous vehículos en Sanxenxo
Un total de tres persoas resultaron feridas tras colidir dous turismos na PO-550, á altura do concello de Sanxenxo, na parroquia de San Pedro de Vilalonga. Un dos feridos foi de consideración grave, segundo informou o persoal sanitario de urxencia. O 112 Galicia rexistrou a chamada de alerta ao fío das 2:00 horas desta madrugada e, de seguido, solicitou a intervención dos Bombeiros do Salnés, ante a posibilidade de que houbese persoas atrapadas no interior dos vehículos. Finalmente, os feridos estaban liberados e accesibles, polo que só se requiriu a presenza de Garda Civil de Tráfico, Policía Local, grupo de emerxencias municipal e servizo de mantemento e limpeza da vía. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119