Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 26 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Un empresa de Tui consolídase no mercado ao abeiro do programa Proponte

A Deputación de Pontevedra acolleu este mércores a xornada de clausura do proxecto PROPONTE. Unha sesión na que se deu conta dos resultados do acadados trala posta en marcha  deste acelerador de empresas ao que sumaron 86 empresas da provincia.

 

Programa PROPONTE

 

Concebido como un servizo de consultoría e asesoramento  empresaial individualizado, o obxectivo de PROPONTE propiciou un pulo innovador ás pemes da provincia e mellorar a súa competitividade  dentro do tecido empresarial. Ese foi o motor da posta en marcha do programa PROPONTE por parte da Deputación de Pontevedra e a Fundación Escola de Organización industrial (EOI). Un 52,2% das pemes adheridas a PROPONTE teñen menos de 2 anos; o 18,8%, entre 2 e 5 anos, e o 29% restante levan máis de 5 anos funcionando.

 

O asesoramento profesional e gratuito proporcionado permitiu que estas pequenas e medianas empresas se consolidasen como empresas innovadoras evitanto o risco de fracasar no seu primeiro ano de vida.

 

Asimesmo, as empresas dispuxeron dun diagnóstico individual co que detectar as capacidades da compañía para deseñar e implantar os programas de innovación axeitados á súa actividade, así como identificar as oportunidades de negocio para mellorar a súa xestión e desenvolver productos de maior viabilidade. 

 

“Nunca peches os ollos,  mira de frente ás adversidades”      

 

A xornada contou ademais coa participación do prestixioso bróker internacional, Josef Ajram. Coach e triatleta barcelonés que deixou entrever os segredos que emprega todo bo inversor valéndose no relatorio da súa propia experiencia en dous mundos que nada teñen que ver: o deporte e a economía. Dous ámbitos que se renden a unha fórmula maxistral baseada na constancia, a disciplina, o cálculo de posibilidades e capacidades e unha gran dose de sentido común, segundo o propio Josej Ajram.

O bróker catalán repasou temas como a loita polos obxetivos, afrontar as dificultades que imposibilitan chegar á meta perseguida, o esforzo, a vontade e a constancia como chaves do éxito.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.