Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 28 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Tres novas concellerías en Mos para esta lexislatura

Estréanse os novos departamentos de Coordinación de Asociacións Veciñais, Transparencia e Mobilidade

[Img #19295]A recentemente estreada lexistatura conta con tres novidades departamentais correspondentes ás concellerías de Coordinación de Asociacións Veciñais, Transparencia e Mobilidade.

 

A primeira delas está dirixida polo edil e segundo Tenente Alcalde mosense, Camilo Augusto, a concellería de Transparencia coordínaa o primeiro Tenente Alcalde, Alberto Méndez, e a de Mobilidade lévaa a concelleira Kely Monzón.

 

No Pleno de Organización da Corporación Municipal que se celebrou este pasado luns, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, resolveu o nomeamento e delegacións dos membros do equipo de goberno local e explicou a importancia das tres concellerías de nova creación. “O departamento de Coordinación Veciñal xestiona a axuda e relación con todas as agrupacións do Concello agás as deportivas, culturais e sociais, dando cobertura, polo tanto, tanto a asociacións veciñais como comunidades de montes e augas, a concellería de Transparencia vela polo cumprimento da Lei de Transparencia e a de Mobilidade adícase ó desenvolvemento na localidade de Mos dos Plans de Transporte, tanto Metropolitano como Municipal”, declarou a rexedora mosense.

 

A área de Coordinación de Asociacións fíxose moi necesaria dado o amplo tecido asociativo existente no Concello. Ademais, a presenza das Asociacións de Veciños como membros activos de participación na vida pública, conleva unha necesidade de colaboración conxunta para conseguir fins comúns. Así, esta área ocúpase de conseguir que os movementos veciñais poidan resolver problemas específicos en todas as áreas como son o urbanismo, a saúde ou o medio ambiente.

 

 

outra banda, a democracia social supón a necesidade de que os veciños poidan participar e coñecer os asuntos públicos, sendo a transparencia un eixo fundamental de toda acción política e facéndose necesaria a existencia dun departamento que a coordine e regule, de ahí a creación e posta en marcha da nova área de Transparencia.

 

Así, sinalan nun comunicado emitido dende o concello “tendo en comta a normativa  da lei 19/2013 de 9 de novembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno, deben articularse todos os mecanismos que posibiliten o coñecemento pola cidadanía das actuacións dos poderes públicos, dos motivos da actuación así como o resultado do mesmo e a súa valoración”.

           

Esta área responsabilízase de que todos os veciños e grupos municipais poidan acceder de xeito áxil á información municipal relativa á contratación, presupostos, acordos plenarios e das xuntas de goberno local, así como da normativa municipal.

E a área de Mobilidade, ademais de desenvolver os Plans de Transporte, tanto Metropolitano como Municipal como se mencionou antes, ten o cometido da formación vial, a coordinación cos organismos con competencias nesta materia así como en especial no relativo á calidade do transporte público, que debe convivir cunha racional xestión do vehículo privado, así como camiñar e montar en bicicleta. Todo elo realizado “cun modelo sostible, dun xeito equilibrado e cunha protección do medio ambiente con interrelación entre os diferentes modelos de transporte, seguridade vial e accesibilidade, sempre buscando garantir a calidade de vida dos veciños” explican dende o concello

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.