Salvaterra de Miño
Sinatura do convenio para a construcción do campo de fútbol de céspede artificial de Fornelos-Oural
Cun orzamento de 442.390€ a obra será financiada nun 75% polo organismo provincial, 331.792€, en un 25% polo concello, que aporta 110.600€.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o alcalde Salvaterra, Arturo Grandal asinaron esta semana o convenio de colaboración para cambiar a superficie do campo de fútbol de Fornelos-Oural. Cun orzamento de 442.390€, o obxectivo desta actuación é solucionar graves deficiencias que presenta o actual terreo de xogo e que están a impedir o desenvolvemento da práctica deportiva nunhas condicións mínimas de seguridade. Cambiarase a superficie de terra do actual terreo de xogo por céspede sintético co fin de evitar os problemas físicos que están a padecer os xogadores que empregan esta instalación.
Acompañados por xogadores, directiva e afecionados do Progresisita CF, equipo que milita na 2ª Rexional, ambos dirixentes coincidiron en que se trata dunha actuación necesaria para atender ás necesidades da sociedade actual e dun club con máis de 30 anos de historia. Con máis de 250 socios, Rafael Louzán sinalou que esta reforma “será chave para o futuro do equipo e responde ao traballo realizado polos seus directivos e á unión de toda a parroquia”, de gran afección ao fútbol.
O presidente provincial manifestou que esta actuación será licitada nas vindeiras semanas e o próximo mes de agosto, unha vez adxudicada poderían comezar os traballos de mellora.
A obra será financiada nun 75% pola Deputación en un 25% polo concello de Salvaterra de Miño. Segundo o acordo asinado estar tarde, o organismo provincial destina 331.792€ con cargo aos “Investimentos xestionados en cooperación cos concellos en instalación deportivas”, e o concello que aportará os 110.597€ que restan para completar a inversión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180