Mos
Medio Rural concede a Mos unha segunda brigada anti incendios para este verán
Súmanse así 4 traballadores máis ós 11 xa concedidos
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Medio Ambiente, Julia Loureiro, informaron hoxe de que o Concello contará ó longo deste verán con 15 traballadores adicados á prevención de incendios forestais, xa que a consellería de Medio Rural e do Mar ven de conceder unha nova subvención para a contratación de persoal, en concreto de 4 operarios máis (3 peóns e 1 capataz), que se suman ós 6 condutores motobomba e ós outros 5 operarios que Medio Rural xa lle concedera previamente ó municipio mosense.
Neste sentido a rexedora local e o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas, asinaron un convenio de colaboración subscrito entre a consellería e a entidade local de Mos para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, FEADER.
Gracias a este convenio contrataranse ó total de 15 persoas, 6 conductores de vehículos motobomba e 9 operarios. A contratación dos conductores motobomba prolongarase durante 5 meses e medio, mentres que os operarios manuais terán un contrato de 3 meses.
A edil Julia Loureiro destacou a importancia destas contratacións durante a tempada estival xa que “os incendios forestais son unha ameaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só ó patrimonio forestal público e privado, senón tamén ós recursos naturais e ó mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural; de ahí a enorme necesidade da actuación preventiva”, dixo. E é que tódolos municipios de Galicia están declarados de alto ou medio risco de incendio.
As brigadas contratadas para actuar no Concello de Mos desenvolverán labores de vixilancia e defensa e realizará traballos de prevención de forma manual. Serán accións combinadas de prevención e defensa contra incendios forestais, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de tódolos recursos.
Os traballos da brigada manual consistirán en actuacións en zonas non mecanizables mediante tratamentos silvícolas como rozas, rareos e posterior eliminación de restos; e tratamentos preventivos con actuacións mecanizadas mediante desbroces.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22