Galicia
CCOO denuncia que a praia das catedrais está “desprotexida” por falta de vixilancia e control da administración
Din que “o servizo provincial de conservación de Lugo “impide” que os vixilantes de recursos naturais poidan exercer as súas funcións
Os representantes de CCOO na Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), de Lugo denuncian a “falta de coordinación entre a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, e o Servizo provincial de Conservación de Lugo, para que os vixilantes de recursos naturais (VRN), poidan exercer as súas funcións de protección e vixilancia da praia das Catedrais en Ribadeo”.
Informan que “a intención da Dirección Xeral é crear a figura de ‘guías’, para controlar e vixiar o acceso ao areal, coa inmediata contratación de persoal a través dunha empresa privada. A pretensión é privatizar un servizo público que debe garantir o control de acceso e a vixilancia dun espazo natural protexido, como é a praia das catedrais, unha das 7 marabillas naturais, e ao mesmo tempo deixar sen funcións específicas e propias aos VRN, que como grupo de policía e custodia ambiental en recursos naturais, teñen asignadas”.
En ningún caso –aseguran- “os ‘guías privados’, poden denunciar condutas constitutivas de infracción administrativa, en virtude do que establece a Lei de Conservación da Natureza, nin poden actuar como axentes da autoridade, pois constituiría unha cesión ilegal de funcións, posto que a Xunta de Galicia, para realizar ese traballo, conta con doce Vixilantes de Recursos Naturais, distribuídos en tres grupos operativos”.
Precisamente, indican nun comunicado de rpensa “tanto a praia das Catedrais, como o resto da costa de Ribadeo entra na demarcación de traballo dun deses grupos, pero curiosamente o Servizo provincial impide que se poidan facer funcións de vixilancia e policía na praia das Catedrais”.
Dende o sindicato engaden que “sexa cal sexa a razón resulta incomprensible que en pleno verán, con miles de persoas transitando dito enclave, cunha brutal presión sobre o medio natural, se teñan as patrullas de VRN paralizadas en vixilancia de ríos, nos que na maioría non se pesca no verán nin aparece unha sola persoa en días”.
Para CCOO o mais grave é que “os fins de semana de todo o ano o Servizo de Conservación de Lugo, ‘confina’ aos VRN a traballos rutinarios, en torno a base e aos centros de traballo, con partes diarios de traballo asinados, coa indicación ‘zona aledaña a la base’”.
Para este sindicato “resulta un escándalo, que os fins de semana, cando a administración ten menos persoal dispoñible, por riba se lle impida aos poucos recursos existentes, facer o seu traballo de vixilancia, protección e conservación do patrimonio medioambiental”.
CCOO esixe que “a Dirección Xeral de Conservación da Natureza actúe de inmediato e depure responsabilidades pola mala organización do Servizo na provincia de Lugo. A mais consideramos que hai que incrementar a plantilla do persoal do Servizo de Conservación para poder levar a cabo unha política integral de vixilancia, control e protección de tódolos espazos naturais, incluídos o control de toda a costa e o acceso a praia das catedrais de Ribadeo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191