Galicia
A CIG rexeita na rúa a Lei Mordaza
Centos de delegados/as sindicais concentráronse nas Subdelegacións, nas sedes do PP e na Xun
A CIG rexeitou hoxe na rúa a nova Lei de Seguridade Cidadá do PP, coñecida popularmente como "Lei Mordaza" polo que supón "de ataque contra as liberdades públicas, coincidindo coa súa entrada en vigor ao entender que o Goberno poderá utilizala a partir de agora de xeito `discrecional e arbitrario' para reprimir a protesta e a contestación social" segundo deron a coñecer a través dun comunicado. Centos de delegados/as sindicais da central participaron nas concentracións convocadas nas Subdelegacións, nas sedes do partido conservador e na Xunta para esixir a súa derrogación.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, que participou na mobilización celebrada diante da Delegación do Goberno español na Coruña, denunciou que a nova lei supón “un Código Penal en mans do goberno de turno, que vai poder utilizar de xeito discrecional e arbitrario para reprimir calquera contestación social que non sexa do seu gusto”.
Seixo fixo fincapé en que a partir da entrada en vigor hoxe mesmo desta normativa a cidadanía fica nunha total indefensión xa que o que vai prevalecer á hora de impoñer sancións por parte da Administración pública será o informe da Policía, que ten presunción de veracidade. “Nós temos sufrido xa nas nosas propias carnes informes policiais falsos e manipulados feitos por cargos policiais que obedecen ordes directas do Ministerio do Interior”, lembrou.
Neste senso, cualificou a nova lei como lesiva e salientou que ataca dereitos fundamentais, polo que anunciou que a CIG seguirá a convcar mobilizacións para esixir que sexa derrogada. “Agardamos que o PP dure pouco no Goberno e que quen o substitúa teña unha visión algo máis democrática da sociedade e retire esta normativa”, rematou.
De conflitos laborais a conflitos de orde pública
Para a central sindical outro dos espectos negativos desta lei é que converte os conflitos laborais en conflitos de orde pública e introduce un catálogo de faltas ou infraccións que non pondera as circunstancias especiais que concorren no exercicio dos dereitos fundamentais de liberdade sindical e de folga, o que pode producir efectos contrarios á propia Constitución española.
Alerta da "impunidade que isto lle outorga á Policía fronte á contestación social e denuncia que se pon en mans do Goberno un mecanismo de sancións abusivas que, ademais, deberán ser pagadas aínda que logo haxa a posibilidade de as recorrer pola vía do contencioso, impondo un castigo económico inmediato co obxectivo de afogar así a mobilización social".
Denuncia tamén "a limitación que isto supón para articular unha resposta inmediata, e ás veces mesmo espontánea, a determinadas decisións políticas ao considerar como “perturbación” mobilizarse diante de institucións do Estado, o Parlamento de Galiza ou mesmo os tribunais se non está comunicada con 10 días de antelación".
Alerta de que de aquí en diante considerarase falta grave parar un desafiuzamento, “desobedecer á autoridade”ou actuar nun piquete de se considerar que houbo coacción á folga.
Para a CIG "o PP pretende garantirse instrumentos que lle permitan actuar de forma directa sobre os movementos sociais sen agardar que iso poida ir pola vía penal, convertendo o conflito social que eles mesmos provocan nun continuo conflito de orde pública. Un ataque brutal, en síntese, a dereitos sobre os que se asenta a participación democrática: liberdade de expresión, de reunión, de manifestación e de folga".
Infraccións moi graves
A lei penaliza as consideradas faltas moi graves con entre 30.001 e 600.000 euros de sanción e considera como tal manifestacións non comunicadas ante infraestruturas críticas ou celebrar espectáculos públicos quebrantando a prohibición ordenada pola autoridade correspondente, entre outras.
Ademais recolle que a responsabilidade será de “organizadores ou promotores”: sindicatos, comités de empresa, delegados/as de persoal, seccións sindicais e mesmo a asemblea de traballadores/as”, o que pode conducir doadamente á súa asfixia económica.
Infraccións graves
As infraccións graves poden ser sancionadas con multas de 601 a 30.000 euros. Como tales considéranse as concentracións diante do Parlamento; a solidariedade en casos de despexos ou a presenza de traballadoras/es ou representantes sindicais en infraestruturas ou instalacións que presten servizos básicos para a comunidade.
Infraccións leves
Para estes casos a lei contempla sancións de até 600 euros e considera como tales a ocupación de calquera inmóbel en contra da vontade da/o seu titular; colocar un adhesivo nun ben público ou privado sen necesidade sequera de denuncia do propietario; as faltas de respecto e consideración que teñen como destinatario un membro das forzas e corpos de seguridade do Estado ou non ter a documentación persoal legalmente exixida ou non denunciar o seu roubo ou perda, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191